Tomiño presenta uns orzamentos “inversores” con catro millóns de euros de investimento real

O Goberno Tripartito de Tomiño presentou os Orzamentos do ano 2010, que ascenden a un total de 9.892.000 euros, dos cales 3.913.969 euros se dedicarán a investimentos reais. Estas última cifra é practicamente o dobre do ano pasado, grazas á subvención nominativa de 1.700.000 euros contemplada nos Orzamentos Xerais do Estado para acometer o proxecto de “Recuperación ambiental do entorno da Fortaleza de San Lourenzo e praia de Goián”.
A Oficina de Igualdade do concello de Tomiño organiza un segundo curso de cociña para homes

A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño organiza un Obradoiro de cociña para homes, baixo o lema “Porque cociñar é tarefa de dous”. Trátase da continuación da actividade celebrada nos meses de outubro e novembro do ano pasado, coas persoas que quedaron en lista de espera. A duración da actividade será de 10 sesións de 2 horas cada unha, sendo as datas de celebración os martes e xoves comprendidos entre o 9 de febreiro e o 16 de marzo, ambos incluídos.
A concellaría de Cultura promove en colaboración coa Coral Polifónica de Tomiño un coro infantil
A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que dirixe o concelleiro e tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, promove, coa colaboración da Coral Polifónica de Tomiño, a creación dun Coro Infantil destinado a aqueles nenos e nenas interesados na música e no canto, aínda que non teñan coñecementos na materia. Seguir leendo… »
Curso de Inxerto en S. Miguel de Tabagón entre o 1 e o 20 de marzo
O curso terá lugar no local social de S. Miguel de Tabagón no Rosal. Terá lugar os días 1,3,4,6,8,11,13 e20 de marzo con dous dias de prácticas de campo. Os profesores serán Xosé Manuel González Vilas (Enxeñeiro agrónomo Asociación Galega de Viticultura) e Francisco Rego Martínez (Enxeiro Agrícola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galiza). Seguir leendo… »
O pleno da Guarda aproba a moción do BNG na que se esixe o mantemento do Plan de Vivenda Social para A Guarda
Na sesión celebrada o pasado venres día 29 de xaneiro, o BNG presentou unha moción na que se instaba á Consellaría de Medio Ambiente a incluír de novo ao concello da Guarda no Plan Galego de Solo Residencial. A moción foi aprobada cos votos a favor do BNG e do grupo de Goberno. Seguir leendo… »
