O Club de Bádminton das Neves perde folgos en Madrid

cb-as-neves.jpg 

O 27 e 28 de outubro de 2007 o CB As Neves disputou en Madrid tres encontros da primeira fase da Liga Nacional de Bádminton no pavillón do Consello Superior dos Deportes.
O CB As Neves sufríu tres derrotas nos encontros que disputou o sábado e o domingo o que lle relega á última praza do grupo B e lle obriga a xogar o play off polo descenso co CB Ladrillo de Baleares o día 10 e 17 de novembro.
O sábado ás 17:00 h. o CB As Neves enfrontouse ao CB Estella un dos seus rivais directos,perderon 5-2, os puntos galegos conseguíronos David Durán e Andrea Fernández nos seus individuais.
O domingo enfrontáronse primeiro ao líder do grupo, o CB Jorge Guillén diante do que sucumbiron por un contundente 7-0. Despois diante do CB Soderin Rinconada de Sevilla perderon por un axustado 4-3 e a punto estiveron de gañar o encontro. Os puntos galegos os conseguiron, David Durán en individual, Angela Soto en individual e Andrea Fernandez/David Durán no mixtos.
O CB As Neves desprazou a Madrid a Bruno Moldes, David Durán, Brais Alvés, Nera Alvés, Leticia Rodríguez, Angela Soto e Andrea Fernández xunto co seu presidente Raúl Puga.

A clasificación final do grupo quedou así:
1.- CB Jorge Guillén de Málaga 15 puntos.
2.- CB Soderin Rinconada de Sevilla 12 puntos.
3.- Universidade de Valladolid 6 puntos.
4.- CB Estella 6 puntos.
5.- CB Casablanca de Cádiz 6 puntos.
6.- CB As Neves 0 puntos.

O día 10 de novembro o CB As Neves enfrontarase nas Neves ao CB Ladrillo de Menoría (Baleares) e o 17 de novembro en Ladrillo no partido de volta do play off polo descenso.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.