Volta a 'Feira de Outono' á Praza Maior de Ponteareas

feiraoutono06.jpg 

A primeira fin de semana de novembro volve a FEIRA DE OUTONO de Ponteareas, que organizan a Asociación Ecoloxista Adenco, a Asociación Cultural Casa da Triga, a Asociación Xuvenil MZS (Moz@s), o Sindicato Labrego Galego e Ecotenda Terraviva, de Ponteareas.
Nesta ano  a Feira conta co aval do grade éxito de público da pasada edición e consolídase como a cita de referencia para a posta en valor dos productos de horta ecolóxica, alimentación natural e artesanía da nosa comarca e arredores.
Ademais de stands de exposición e venda de productos naturais, ecolóxicos e de artesanía, así como outros relacionados co outono, outras actividades serán as XVIII Xeiras Micolóxicas organizadas polo Grupo Ecoloxista Adenco, degustación de cogumelos, magosto tradicional, exposicións fotográficas e postos de productos naturais, artesanía e de organizacións sociais. Ademais, os asistentes disfrutarán de música en vivo e de actividades para os máis pequenos, que contarán cun espazo no que aprender xogando e pasalo ben.
A Feira de Outono de Ponteareas vénse desenvolvendo dende o ano 2003, organizada por colectivos e asociacións de Ponteareas e da comarca comprometidas co noso País e cunha Galiza rural moderna. A Feira, a través de distintas actividades, fomenta a agricultura ecolóxica, o consumo consciente, as nosas artesanías e as nosas tradicións.
Actividades:

1. Feira de Outono.
Carpa na Praza Maior de Ponteareas, días 3 e 4 de novembro de 2007. Apertura ao público o sábado de 10 a 20.30 horas e o domingo de 11 a 20. 30 horas. Exposición e venda de productos naturais, ecolóxicos e de artesanía, así como outros relacionados co outono (froitas, hortalizas e verduras de tempada, herbas aromáticas e mediciñais, mel, cogumelos, queixos e embutidos, marmeladas e dóces, licores, pan, bisutería, roupa ecolóxica, comercio xusto, libros…) Degustación de productos nos stands.
2. XVIII Xeiras Micolóxicas. Organiza ADENCO.
Sábado 3, ás 10.30 da mañán, saída dende A Casa da Triga, na Praza Maior de Ponteareas ao monte para recoller cogumelos. Actividade aberta a quen se queira anotar. Con parte das setas recollidas, Adenco disporá a xa tradicional Exposición Micolóxica dentro das instalacións da Feira, con visitas guiadas  e xogos educativos para miúdos.
3. Magosto popular.
Castañas asadas, chourizos con pan e viño do Condado. Domingo 3 a partir das 17 horas.
4. Ludoteca con xogos e actividades para nenos. Sábado e domingo de 16.30 a 20.30 horas.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.