O BNG de Mondariz reprocha ao alcalde, Julio Alén, que non contratase ningunha obra do Plan E a empresas do concello
O BNG de Mondariz informa que o Concello de Mondariz está a desenvolver un total de seis obras de saneamento con cargo ao Plan E do goberno central por un importe total de case 1 millón de euros. Segundo os nacionalistas todas estas obras foron adxudicadas a través do procedemento directo ou negociado con publicidade, isto é, sen concurso público, “o que permite ao goberno local convidar directamente ás empresas que él elixe para optar a levar a cabo os traballos”, explica Xoán Carlos Montes BugarÃn, portavoz municipal do BNG en Mondariz.
“Este mecanismo legal foi empregado polo alcalde para facer a adxudicación das obras de forma directa, evitando recurrir ao sistema de concurso público, algo que a Lei permite para as obras que non superan os 200.000 euros”.
Empresas de Mondariz
O BNG de Mondariz quere denunciar publicamente que o goberno municipal do PP contratou todas as obras que lle correspondÃan segundo o Plan E a empresas alleas ao concello, polo que a incidencia destas inversións no emprego local é mÃnima. Este plan estatal foi concibido para activar a economÃa e o emprego locais, ao tempo que se cubrÃan necesidades cidadáns en materia de medioambiente, equipamentos, infraestruturas, etc…
Os nacionalistas de Mondariz, que son a primeira forza polÃtica da oposición na localidade, censuran ao alcalde do PP por “non facer o mesmo que os rexedores nacionalistas de O Porriño, Salceda ou a propia Entidade Local Menor de Queimadelos, que adxudicaron as obras que promoveron, preferentemente, a empresas locais”.
