O concello de Ponteareas reclama ao Estado e a Xunta de Galicia que inclúan nos orzamentos do 2010 os seus compromisos de inversión

O concello de Ponteareas reclama ao Estado e a Xunta de Galicia que inclúan nos orzamentos do 2010 os seus compromisos de inversión. Dado que neste intre atópanse en tramitación, tanto os Orzamentos do Estado coma os da Xunta para o vindeiro ano, o grupo de goberno municipal, levará una moción a pleno para o seu debate.

“O Concello ponteareán tentará acadar un compromiso firme de investimentos para as necesidades que ten plantexadas,algunhas delas desde hai anos e nas que poden contribuír grandemente para lles dar solución, ambas as dúas Administracións.

Segundo explica o concello unha das principais demandas que precisa de axudas económicas para poder executar as obras, e o Saneamento Integral do Concello  xunto co remate da rede de separación de augas pluviais e fecais no casco urbano, sen esquecer a Circunvalación, a reforma do enlace do Confurco, a rehabilitación da Ponte dos Remedios, emblemática sinal de identidade do municipio, completar a rede de Centros Culturais en todas as parroquias, parques, paseos públicos e instalacións deportivas.

Na lista de prioridades que contempla o grupo de goberno de Ponteareas, está tamén darlle continuidade a tramitación e execución do proxecto sectorial do Parque Empresarial do Val do Tea, axilizar e resolver a ampliación da EDAR ou a humanización da estrada a Salvaterra, desde a N-120 ata o enlace coa A-52.

O alcalde de Ponteareas Salvador González Solla considera preciso que a Corporación “esixa” aos Executivos Autonómico e do Estado, a inclusión nos orzamentos de 2010, “das partidas económicas necesarias para afrontar os diferentes investimentos sinalados nos que tamén está contemplado darlle solución a masificación escolar coa construcción dun novo equipamento educativo de primaria e a ampliación do Centro de Saúde co incremento de novas especialidades, dado o aumento sensible de poboación que se ven rexistrando neste municipio nos últimos anos”.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.