O PSOE de Ponteareas califica de ‘abusivo e desproporcionado’ o incremento do IBI que pretende o goberno municipal
No Pleno da Corporación Municipal do dÃa 29-10-09, debatérase a proposta do Goberno de modificar o tipo de gravame do Imposto de Bens Inmobles ( IBI ) aplicable tras realizar a revisión catastral actualmente en curso.
Segundo explica o PSdeG-PSOE aÃnda que o tipo de gravame baixa ó 0.4 para bens de natureza urbana e rústica, o feito é que se aplicará sobre un novo valor catastral revisado, polo que en realidade a cantidade que terán que pagar os veciños polo recibo da contribución, vaise ver aumentada nun 40% de media. Un aumento que o Grupo Municipal Socialista considera abusivo e desproporcionado, despois das fortes subidas de este imposto no último ano.
“Si abusiva e irresponsable é a subida media do IBI no conxunto do concello, mais escandalosa si cabe é a subida que van soportar os veciños do rural, subida que pode chegar ó 150%. A nefasta xestión da concelleira de facenda Raquel Bautista continua polo camiño do despropósito abusivo cara os intereses dos cidadáns e con esta proposta de incremento do IBI está a demostrar a súa insensibilidade polÃtica cara as necesidades e os problemas dos veciños de Ponteareas. Non é admisible que en tempos de crise e de necesidades económicas se pretenda un incremento do 40% no recibo da contribución, ou se fai por incompetencia ou por mala fé, en calquer caso esta proposta descalifica unha vez mais a labor da concelleira Raquel Bautista e dos seus compañeiros de goberno”.
O Grupo Municipal Socialista quere manifestar o seu absoluto rexeitamento a esta proposta do Goberno Local, e vai solicitarlle ao Alcalde que retire a devandita proposta que permita estudiar un gravame máis razoable que non sexa tan lesivo para os intereses dos cidadáns.
“Por último queremos salientar a esquizofrenia do discurso do PP, Mariano Rajoy por unha parte dicindo que é partidario de baixar os impostos, o Alcalde de Ponteareas do PP querendo subir o IBI de xeito abusivo e desproporcionado, é a Xunta de Feijoo do PP facendo unha subida enmascarada de impostos eliminando prestacións como a gratuidade dos libros de texto, o suplemento nas pensións non contributivas ou a axuda para a compra de automóbiles.No PP unha cousa é o que dÃn e outra moi distinta o que fan”, conclúe DelfÃn DomÃnguez Cerdeira, concelleiro socialista en Ponteareas.
