A exposición da Cruz Vermella ‘Miradas Voluntarias’ poderase visitar na biblioteca municipal de Ponteareas
A exposición “Miradas Voluntarias” poderase visitar na Biblioteca Municipal ata o 6 de Novembro, en horario continuo de 09:00h a 21:00h, faranse visitas guiadas todos os días ás 19:00h e é de entrada libre.
Ademais, desde a organización xa hai pechadas varias datas nas que escolares do concello de Ponteareas terán a oportunidade de realizar unha visita guiada con actividades lúdicas-educativas.
A exposición “Olladas voluntarias”, que contou co apoio de Canon, está conformada por 31 imaxes de gran calidade tomadas por voluntarias e voluntarias de Cruz Vermella no marco dun concurso de fotografía co que se pretendía que os membros da organización retratasen a súa cotidianidade na organización. As fotos que conforman a exposición reflecten algunhas das áreas de actuación de Cruz Vermella: traballo voluntario con nenos e nenas, con persoas maiores, con persoas inmigrantes, actividades de socorros e urxencias, etc.
Con esta exposición, Cruz Vermella Española en Ponteareas pretende, por un lado, dar a coñecer a sociedade o labor que realizan os seus voluntarios e por outro, dar as grazas a todas as persoas voluntarias, que de forma anónima, dedican parte do seu tempo a mellorar a calidade de vida das persoas máis vulnerables da nosa sociedade.
Actualmente Cruz Vermella Española en Ponteareas conta coa colaboración dun equipo de voluntariado activo de máis de 80 persoas que cada día participan dunha forma solidaria e altruísta no desenvolvemento dos diferentes programas de acción que atenden a máis de 800 ponteareanos. Tal dedicación voluntaria permite a realización dunha serie de actividades e servizos que non serían viables sen a súa participación.
