O BNG de Arbo pide que non se incremente a carga impositiva local

Dado o deterioro das economías domésticas e das empresas situadas en Arbo como consecuencia da actual crise económica e dado o aumento da carga impositiva provocada polas modificacións impositivas derivadas do Orzamento Xeral do Estado, que afectan ao conxunto da poboación e, en consecuencia, tamén ás familias e empresas arbenses, o BNG de Arbo solicita ao Pleno que se deixe sen efecto o incremento impositivo aprobado polo PP e avalado polos outros grupos que conforman a corporación, agás o BNG que votou en contra.
As modificacións refírense as seguintes tarifas: Tarifas do imposto de vehículos de tracción mecánica, tarifas da ordenanza reguladora da taxa por licencias urbanísticas,tarifas da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos,tarifas da ordenanza reguladora da taxa por recollida domiciliaria de lixo e tarifas da ordenanza reguladora da taxa por servizo de piscinas.

Os mesmos motivos levaron aos nacionalistas a posicionarse contra o incremento das taxas do Servizo do punto de atención continuada (PAI). “Se ata agora viu funcionando sen ordenanza e cobrando unha taxa sen que aquela existira, os nacionalistas entenden que se pode manter a taxa do servizo ata que a crise deixe de provocar efectos nas economías locais”.

Finalmente, os nacionalistas arbenses amosáronse totalmente contrarios á aprobación dunha ordenanza que regule o acceso ao centro de interpretación do viño e da lamprea ARABO. “Obra megalómana feita polo Alcalde que resulta excesivamente oneroso para as arcas municipais xa que esta mal dimensionada, ten uns custos de explotación excesivos, non existe un plan de xestión e a posta en marcha dunha taxa non garante a súa viabilidade económica. Así proponse ao Pleno a seguinte proposta:
Retirada da Ordenanza reguladora e creación dunha Comisión Especial do Pleno para estudar a viabilidade do centro, incluíndo unha reestruturación global e novos usos”.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.