2ª Edición do “Mercadiño Solidario” no Concello de Arbo
O vindeiro domingo dÃa 20 de decembro de 11 a 18 horas a praza do concello de Arbo acolle a segunda edición do “Mercadiño Solidario”. En caso de choiva pasarease ao pavillón de deportes.
As ONGs participantes (de momento, prazo de inscrición ata o dÃa 12)son:
De protección animal: O Jatican, Animais sen Fronteiras, Asociación Protectora de Animais de Cambados.
De axuda ó discapacitado: ACEESCA.
De axuda ao 3º Mundo : Manos Unidas, Intermón Oxfam, Asociación de Solidaridad San Roque, Implicadas co Desenvolvemento, Balms (axuda á infancia en Perú, Colombia,….) e Cruz Vermella.
De axuda ao necesitado: Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres.
De loita contra a droga e axuda ó toxicómano: Asociación Reto a la Esperanza.
De inclusión social CENSO.
Ecoloxista: Asociación Ecoloxista Coto do Frade.
De axuda ao inmigrante: Galicia Terra de Acollida.
Artigos á venda:
Roupa, bisuterÃa, mobles, libros, xoguetes, alimentos procedentes do comercio xusto, tapicerÃas, manualidades, artesanÃa, plantas… Todo para facer os regalos de Nadal axudando aos que máis o precisan.
O obxectivo é informar ao cidadán das actividades que levan a cabo as ONGs do sur de Galiza e os nosos veciños de Portugal, ademais de concienciar da realidade que nos rodea. Tamén se pretende unha colaboración económica coas diferentes causas por medio da compra dos produtos ofertados.
Dado que é un acto solidario o aluguer dos espazos por parte das ONGs é de balde.
Para calquera dúbida dirixirse a:Paula Rogero Cuesta, técnica de Turismo do Concello de Arbo
arabopaula@gmail.com; 664 24 90 31 // 654 84 98 68
