Ata o dÃa 18 de decembro funcionará na casa do concello de Ponteareas unha Oficina de Información Catastral
Ata o vindeiro dÃa 18 de decembro, veciños e veciñas de Ponteareas poderán solicitar información ou mesmo presentar alegacións sobre revisión dos valores Catastrais de Urbana, na Oficina de Información, que quedou instalada no Salón de Plenos da Casa do Concello e que funciona en horario de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas. Os veciños e veciñas que desexen solicitar información ou realizar calquera trámite nesta oficina deberán coller número no mostrador de Información, situado nos baixos da Casa do Concello.
A oficina, con seis técnicos do Catastro, que está atendendo a unha media de 200 persoas ao dÃa, ten como finalidade a de informar de todos os aspectos relativos a actualización do catastro e, no caso de que consideren convinte facer unha reclamación, e explicarlles os pasos para que prospere unha vez que chegue as oficinas do Catastro de Pontevedra.
Segundo o concello os valores catastrais que se estaban a aplicar en Ponteareas, datan do ano 1989. Nese sentido, os concellos dispoñen dun perÃodo de 10 anos para realizar a actualización do catastro. Pasado ese tempo é o Ministerio de EconomÃa e Facenda establece os prazos para realizar dita actualización.
“Para intentar diminuÃr o impacto que a revisión catastral, establecida polo Ministerio de EconomÃa e Facenda, puidera supoñer para os veciños de Ponteareas, habida conta o difÃcil momento económico polo que se está a atravesar, o Concello decidiu baixar o tipo impositivo do 0,60 ata o 0,40, é dicir, establecer o tipo impositivo máis baixo que permite a Lei.
Esta rebaixa do tipo impositivo fai que, no caso das vivendas do casco urbano, o importe a pagar por veciños e veciñas o vindeiro ano, diminúa na meirande parte dos casos, co pagado este ano 2009″.
Engade o concello que por contra, no caso do rural, a suba que se experimentará ven dada por unha banda, pola obrigatoriedade establecida polo Ministerio de EconomÃa e Facenda de incluÃr no padrón as parcelas nas que se atopan ubicadas as vivendas e, por outra banda, polo feito de que o importe a pagar se estaba realizando sobre unha valoración con 20 anos de antigüidade e en base ao planeamento urbanÃstico vixente no ano 1989, cando actualmente está en vigor as Normas Subsidiarias aprobadas no ano 1995.
