A asociación cultural Barca de Loimil de Arbo organiza o tradicional serán

O sábado 30 de xaneiro a asociación cultural “BARCA DE LOIMIL” de ARBO convida a todo o mundo ao serán que van facer ao carón do cuartel da Garda Civil en Arbo. Das 21h ás 22h terán o cursiño de baile rápido para todas as persoas que queiran participar. Logo , sobre as 22h30 terán a cea que como tódolos anos será a base de chourizos con castañas e orella. Despois todo o mundo a bailar, a cantar e a tocar o que queira. Para recuperar forzas sobre as 02h darán a todo o mundo un rico chocolate quente con rosca. Ah! e todo isto de balde.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.