O BNG leva ao Congreso a revisión Catastral de Ponteareas
A Deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández, presentou unha iniciativa parlamentaria na Cámara para preguntarlle ao Goberno pola revisión dos valores catastrais de Ponteareas. “Ten coñecemento o Goberno das irregularidades producidas con esta actualización que en miles de fincas non se axusta a legalidade?. “Pensa o Goberno atender as demandas de veciños e veciñas decretando a nulidade do porceso de revisión catastral urbana en Ponteareas, por vulnerar o ordenamento xurídico?”, son algunhas das cuestións que Olaia Fernández formula ao Goberno.
No rural, parcelas como urbanas só para pagar máis
Explica o BNG que a revisión catastral das fincas urbanas ten provocado en Ponteareas un rechazo xeralizado, especialmente entre os veciños das parroquias que son os que soportan os maiores incrementos, “pola valoración que o Catastro lle asigna aos terreos e por incorporar o goberno municipal do PP, nos planos do censo catastral, milleiros de parcelas que non teñen legalmente a calificación de fincas urbanas. Decisión do Alcalde, Salvador G. Solla e do PP, só para incremetar os ingresos que tapen os seus despilfarros no Concello”.
Os nacionalistas esperan que o Catastro atenda as miles de reclamacións presentadas e non desprecien aos veciños como fixo o Partido Popular no Pleno extraordinario solicitado polo BNG para paralizar a revisión e comezar de cero. Neste sentido, Olaia Fernández quere saber “¿qué medidas vai adoptar o goberno para suspender a execución da revisión catastral en Ponteareas por incurrir en errores graves e por causar a sua execución prexuizos de imposíbel ou dificil reparación?”
Errores do Catastro que teñen que arranxar os veciños pagando os técnicos
Outra das cuestións que a deputada nacionalista recolleu na iniciativa é a referente aos milleiros de erros detectados nas medicións das fincas, solicitando o Catastro que sexan os propios veciños prexudicados quenes teñan que solucionar os errores que o Catastro cometeu. “Coñece o Goberno esta situación e a solución ofrecida aos veciños?”. “Non considera que é inxusto que os veciños prexudicados teñan que correr cos gastos?”.
