Os Irmáns Franciscanos de Canedo recaudan fondos para enviar a Haití

DSC_0958Os Irmáns Franciscanos do Convento de Canedo e os grupos franciscanos colaboradores veñen de comezar unha campaña de recollida de fondos a traverso dunha cea de aiuno solidario pra tentar axudar de forma directa aos irmáns franciscanos de Haití. Concretamente para que o dispensario médico e o orfanato (destruídos polo terremoto) poidan seguir funcionando.
En Haití viven 16 Irmáns repartidos en tres casas, das que duas derrubaronse completamente co terremoto.
Con esta cea de aiuno (un prato de arroz, pan e auga), pretenden solidarizarse coa escaseza que está sufrindo o pobo haitiano nestes intres, e ademais poder enviar integramente o importe da cea. O prezo por asistencia para os adultos é de 15 euros e 5 para os cativos. A venda de entradas farase no propio convento.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.