A concellería de alumeado de Ponteareas pon en marcha o teléfono 986 64 22 45 de atención permanente ao cidadán

A Concellería de Alumeado do Concello de Ponteareas, que dirixe o concelleiro Domingo Freitas Dalmeida, vén de poñer en marcha un número de atención permanente onde usuarios e usuarias poden dar parte de calquera incidencia ou avaría, as 24 horas do día e os 365 días do ano.
O número de atención ao público é o 986 64 22 45 e nel, veciñas e veciños poderán notificar aquelas incidencias que afectan ao servizo de alumeado público.
Segundo sinalaba o concelleiro de Alumeado, Domingo Freiras Dalmeida o número dispón tamén de contestador automático onde “os usuarios poderán dar conta das avarías e incidencias que consideren oportunas coa seguridade que, nun prazo non superior ao unha semana, estarán solucionadas”.
O concelleiro delegado de Alumeado incidía novamente en que o mantemento dos servicios básicos para os veciños e veciñas, como é o caso do alumeado, son unha prioridade para o Goberno Local e que, a posta en marcha dese número de atención permanente as 24 horas do día, non é senón a mostra da importancia que ten dito servizo.
Por outra banda, amais dese teléfono 986 64 22 45, os veciños e veciñas poden deixar constancia das avarías ou calquera tipo de incidencia, na oficina da Concellería de Alumeado, situada na planta baixa do Centro Social da rúa Oriente.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Reportaxe
  • A sella e o selleiro
Publicidade