A concellerÃa de alumeado de Ponteareas reforza o seu servizo de atención permanente cun enderezo de correo electrónico
O pasado 20 de xaneiro, a ConcellerÃa de Alumeado do Concello de Ponteareas, que dirixe o concelleiro Domingo Freitas Dalmeida, puña en marcha un número de atención permanente onde, veciñas e veciños, poden dar parte de calquera incidencia ou avarÃa, as 24 horas do dÃa e os 365 dÃas do ano.
Agora, e de cara a reforzar dito servizo de atención ao cidadán, a ConcellerÃa de Alumeado vén de poñer en marcha un correo electrónico co mesmo fin: dar conta das avarÃas ou incidencias que afecten ao alumeado público. Amais, segundo o concelleiro delegado do servizo, Domingo Freitas Dalmeida, o correo electrónico posibilita que os veciños poidan mandar, se asà o consideran oportuno, incluso fotos das incidencias das que están a dar parte.
Asà ao teléfono de atención permanente ao público que funciona as 24 horas do dÃa, que é o 986 64 22 45, engádese o enderezo de correo electrónico alumeadoponteareas@gmail.com. Usuarios e usuarias poden, polo tanto, dar conta de calquera tipo de acontecemento ou desarranxo que afecte a esta infraestrutura básica por calquera dos dous canles, coa seguridade, segundo sinalaba Freitas Dalmeida, que serán tidas en conta e solucionadas nun prazo non superior a unha semana.
Por outra banda, amais dese teléfono 986 64 22 45 e do correo electrónico alumeadoponteareas@gmail.com, os veciños e veciñas poden deixar constancia das avarÃas ou calquera tipo de incidencia, na oficina da ConcellerÃa de Alumeado, situada na planta baixa do Centro Social da rúa Oriente.
