A concellería de tráfico de Ponteareas amplia a zona azul a todo o entorno do mercado de abastos

A Concellería de Tráfico, que dirixe o primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, anunciou a ampliación da Zona Azul gratuíta que, ata o de agora, funcionaba nas rúas Arxentina, Morales Hidalgo, Estrada e parte de Doutor Fernández de la Vega.
A ampliación da Zona Azul, ampliará o estacionamento limitado as rúas Perillana e lateral do Mercado de Abastos, co que se abarca case que a totalidade das rúas dos arredores de dito mercado.
Con esta ampliación da Zona Azul, segundo Juan Carlos González Carrera, “cúmprese o compromiso que adquirimos cos comerciantes da zona e cos empresarios do Mercado de Abastos, no que fai referencia a poñer en marcha aqueles mecanismos que propicien unha maior facilidade de estacionamento ás persoas que se achegan ao casco urbano para realizar as súas compras”.
Nese sentido, o concelleiro de Tráfico sinalaba que os 90 minutos que se ofrecen de estacionamento gratuíto, tempo que se consensuou coa Asociación de Comerciantes, é máis que suficiente para que, veciños e visitantes, poidan realizar as súas compras.
Os usuarios que desexen estacionar nos lugares sinalados cunha franxa azul, deberán sacar un ticket de xeito totalmente gratuíto, para o que deberán teclear a matrícula do seu vehículo. Logo, ese ticket será colocado no coche, nunha zona visible dende o exterior, sendo o período máximo de estacionamento de 90 minutos. A Zona Azul funciona de Luns a Sábados en horario de 09:00 horas a 14:00 horas.
O primeiro tenente de alcalde salientaba a boa resposta por parte dos veciños e veciñas é o seu alto grado de colaboración nunha medida que “estase a amosar realmente efectiva, por canto nas rúas nas que está a funcionar a Zona Azul, é moito máis fácil atopar ocos nos que estacionar os vehículos”.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.