A Deputación concede 191.000 euros para obras dunha pista de padel, do campo de fútbol de San Mateo e de melloras eléctricas nos colexios públicos e na rede de Ponteareas
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na súa xunta de goberno catro subvencións ó Concello de Ponteareas por un importe total de 190.797 euros. As axudas aprobadas corresponden ó Plan de Investimentos que, cunha cuantÃa de 70 millóns de euros, a Deputación ven concedendo ós distintos concellos da provincia co criterio de reparto de poboación e territorio.
En anteriores xuntas de goberno, a Deputación xa aprobou outras subvencións para outros concellos. Polo de agora, xa foron adxudicadas en torno ó 20% das obras propostas polos concellos da provincia que acadaron a cifra de 543.
Na xunta de goberno de hoxe, aprobouse a concesión ó Concello de Ponteareas de:
73.672 euros para mellora da instalación eléctrica nos colexios públicos de Ponteareas
37.650 euros para a construcción dunha pista de padel no complexo deportivo
33.063 euros para o acondicionamento do campo de fútbol de San Mateo
46.412 euros para suministro de material eléctrico para o mantemento da rede de alumeado do Concello.
