Nós-UP esixe a mellora das estradas e rúas de Salvaterra
A dÃa 1 de febreiro Nós Unidade Popular presentou no rexistro do concello de Salvaterra unha denuncia do estado das estradas neste concello no que escriben que “asisten con preocupación ao lamentable estado no que se atopan moitas das estradas do concello. Boa parte das veciñas e veciños de Salvaterra e tamén o transporte público están expostos a diario a traxectos impracticables polo abandono das vÃas públicas”.
As obras que se veñen executando con fondos públicos polo Plan E para Salvaterra “teñen agravado en moitos casos o mal estado das estradas e rúas”.
Explica Nós-UP que para poder circular é obrigatorio ter pago previamente un imposto de circulación, “o indignante é que as estradas polas que circulamos se achen en tan deteriorado estado. Este mal estado repercute negativamente na seguridade dos veciños”.
Por todo isto, Nós-UP solicita a elaboración dun plano de traballo para a excución urxente da mellorÃa de estradas por orden de preferencia en base ao grado de necesidade de cada unha e rematar “coa polÃtica de gasto de fondos públicos en medidas para a galerÃa no lugar de para a poboación”. Ademais, esixen que se informe públicamente dos prazos para realizar estas mellorÃas e que se contacte con outros concellos da comarca para impulsar unha rede de transporte público eficaz que contriúba á redución do uso de transportes privados.
Para Nós-UP é necesario establecer unha rede de transportes públicos que conecte os distintos núcleos de poboación e parroquias co núcleo urbano e mesmo conexións con outros concellos.
“Todas e todos sabemos desta realidade pois a padecemos todolos dias. O governo de Salvaterra deve fazer todo o possÃvel para involucrar à outras administraçons no arranjo desta situaçom.
Além do dito, é vergonhoso para Salvaterra e para a Galiza inteira que umha vila fronteiriça mantenha as suas infra-estruturas em tam lamentável estado. Exigimos à Cámara Municipal de Salvaterra de Minho que se ponha maos à obra com todos os meios a sua disposiçom para arranjar a situaçom na qual se acham nossas estradas e ruas”

