O BNG de Ponteareas denuncia que o goberno de Solla e o PP destinou a saneamento menos do 10% dos plans de obras da Deputación e do Estado

O BNG denunciou a “nula” capacidade de xestión de Salvador G. Solla e o Partido Popular, para resolver a contaminación do río Tea provocada polas augas sen depurar. Os nacionalistas afirman que menos do 10% dos plans de obras do período 2008-2011, se destinou a obras de saneamento. “Cando Solla remate o seu mandato no 2011, máis de 10.000 veciños continuarán sin saneamento e o Tea sin recuperar” afirmou o portavoz municipal do BNG, Xosé Represas.

Os concelleiros nacionalistas, que tiveron aceso aos proxectos a financiar con cargo ao Plan E para 2010 puideron comprobar, unha vez máis, “a improvisación e a incompetencia do goberno municipal. Proxectos sen rigor, incompletos e obras que non se adaptan aos criterios do fondo”. O BNG califica de grave descontrol do goberno do PP, nas obras dun fondo por importe de 2,5 millóns de euros. Os nacionalistas tamén denuncian que se ignorase aos técnicos do concello e que a maioría dos proxectos foran realizados por técnicos de fora de Ponteareas.

Os nacionalistas confirmaron que entre os 2,5 millóns de euros, non figura ningunha nova obra de saneamento, para que máis veciños puideran contar con este servizo básico. Represas lamenta “que Solla, para xustificar a sua incapacidade, teña que recurrir a mentira e a recontar obras xa anunciadas en múltiples ocasións.O Alcalde, debe explicarlle a todos os ponteareáns cómo despois de contar con máis de 11 millóns de euros, da Deputación e do Estado, para obras no período 2008-2011, non foi capaz de poñer en marcha a recuperación integral do Tea, a planificación dunha nova depuradora e do saneamento en todas as parroquias”, manifestou Xosé Represas, quen recordou que se o Alcalde cumprise os acordos do Pleno poderían incluirse con cargo ao Plan E obras de saneamento en Ribadetea, Bugarín, Arcos e Fontenla ademáis de rematar cos verquidos sin depurar que aínda quedan na vila.

O BNG tamén requerirá ao Alcalde para que explique porque considera máis prioritario para Ponteareas, destinar fondos do Plan E para a Tv. Local, antes que en obras que creen emprego e satisfagan servizos básicos para toda a poboación.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.