O Club Natación Ponteareas gaña o campionato de natación Master de Inverno

nataciónO Club Natación Ponteareas gaña o campionato galego de natación Master de Inverno. Con este éxito o Club de Natación Ponteareas acada o título de Campión Galego conseguido nos últimos campionatos galegos de inverno celebrados o 24 de xaneiro de 2010 na piscina de Campolongo de Pontevedra.
Ademais de obter o título absoluto acadou tamén o primeiro posto na categoría feminina e os deportistas ponteareáns trouxeron un total de 79 medallas conseguidas en 69 probas individuais e 10 relevos. En total 29 ouros, 27 pratas e 23 bronces. Todo un récord para este club Master de natación que comezou a súa andaina deportiva o ano pasado.
Logo dun magnífico comezo de liga, este logro confirma unha vez  máis a boa traxectoria que ten o Club Natación de Ponteareas dentro do deporte galego, confirmado polo seu crecente número de licencias nesta categoría e polo esforzo e ilusión de tódolos seus compoñentes.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.