O concelleiro de seguridade cidadá de Ponteareas satisfeito co interese con que Alfonso Rueda acolleu as peticións realizadas en materia de seguridade
O Concelleiro de Seguridade do concello de Ponteareas e primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, vén de amosar a súa satisfacción pola visita realizada o pasado venres a Ponteareas polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, quen, amais de visitar as obras realizadas no concello de Ponteareas, tamén visitou o Parque de Bombeiros de Ponteareas onde, por parte do concelleiro de Seguridade Cidadá, explicoulle o seu funcionamento e as principais necesidades que agora ten dito servizo.
Explicoulle Juan Carlos González Carrera a Alfonso Rueda que o servizo de bombeiros de Ponteareas atende a numerosas incidencias que se producen nos municipios da zona, independentemente de que eses concellos estean incluídos na área de actuación do Parque do Consorcio de Bombeiros do Porriño. Ponteareas, explicoulle o concelleiro de Seguridade Cidadá e Primeiro Tenente de Alcalde está moito máis preto e, polo tanto, poden realizar unha primeira actuación de urxencia. Esa primeira actuación de urxencia, puntualizou González Carrera e a que as veces marca a diferencia entre un pequeno sinistro e unha grande desgracia.
O concelleiro ponteareán solicitou a axuda do Conselleiro de Presidencia para poder dotar ao servizo de bombeiros de Ponteareas de máis medios humanos e materiales que permitan garantir a seguridade de todos os veciños.
Alfonso Rueda, logo de afirmar que estudará a petición cun especial interese, dada a importancia que ten, salientou que unha primeira medida a adoptar será cambiar o sistema de avisos do 112, de tal xeito que se acontecera unha incidencia nun municipio dos que rodean a Ponteareas, primeiro se dea o aviso aos bombeiros ponteareáns, e deseguiro ao Parde do Consorcio de Bombeiros do Porriño, e non ao revés como se viña facendo ata o de agora.
Juan Carlos González Carrera agradeceu o interese que amosou o conselleiro Alfonso Rueda do que, dixo, “sempre tivo en conta as necesidades de Ponteareas e, non dubidamos, que en breve poderemos contar un servizo de bombeiros potenciado que redundará en beneficio de toda a veciñanza”.
