Román Alonso reelexido coordinador do consello comarcal de Esquerda Unida
A Asemblea Comarcal de ESQUERDA UNIDA (EU) reunida este sábado, dÃa 20, elixÃu un novo Consello Comarcal que nunha xuntanza inmediata acordou reelexir a Román Alonso como coordinador.
No documento polÃtico sometido a debate e nas numerosas intervencións tanto de afiliados como de persoas e representantes de colecitvos invitados destacouse que a “violenta ofensiva desenvolvida nestes últimos anos contra os dereitos dos traballadores e do pobo (directiva das 65 horas, fiscalidade regresiva, retroceso nos servizos públicos, etc), os ataques ao réxime democrático e à soberanÃa dos pobos (tratado de Lisboa, submisión na OTAN)” deben ter na loita de masas, destacando a loita dos traballadores, un factor determinante para combater e enfrontar a ofensiva neoliberal e unha contribución para a elevación da sua conciencia social e polÃtica.
Abordáronse tamén os obxectivos centrais da polÃtica comarcal e municipal tales como decrecemento sostible, urbanismo coherente, participación cidadá, vivendas sociais, austeridade ou defensa dos servizos públicos sen privatizacións ás que tan propensos se amosan os partidos do sistema.
Unha parte importante das intervencións ocupouse do proceso de refundación no que se atopa inmersa IU a nivel federal.
No documento de autoxestión e organizativo valouse o importante aumento afiliativo ocurrido na comarca nos derradeiros anos, o que vai permitir a multiplicación de candidaturas da esquerda nas vindeiras eleccións municipais.
