Véndese casa parroquial no Covelo
A propiedade da casa parroquial de Paraños, no concello de Covelo, está agora en mans da xustiza logo de que os veciños desta parroquia descubriran que se vendÃa nunha páxina de internet. Ao parecer hai un tempo que o párroco lles comunicara que Ãa vivir na casa parroquial, construÃda coas aportacións dos veciños, unha familia sen recursos pero anos despois os veciños enteráronse de que fora vendida a un funcionario de Patrimonio por tan só 60.000 euros. Foi o anuncio de venta colgado na rede o que fixo saltar as alarmas, neste anuncio a casa parroquial de Paraños vendÃase por 680.000 euros. Nos últimos dÃas esta noticia ten captado a atención dos medios de comunicación estatais como Televisión Española ou La Sexta.

