Esquerda Unida pide a creación dun comedor social en Ponteareas

Esquerda Unida adianta que a situación de paro, que en Ponteareas xa chega ás 2604 persoas, está levando a que moitas familias da vila se encontren con enormes dificultades para satisfacer as súas necesidades básicas.
En vista desta situación, Esquerda Unida de Ponteareas presentou esta mañá no Concello unha moción na que se solicita ó Goberno Municipal que leve a cabo ata seis  medidas para axudar ás familias con dificultades.

As medidas propostas por Esquerda Unida son:
1.A creación dun comedor e albergue municipal que baixo a supervisión dos servizos sociais municipais atenda ás necesidades alimentarias das familias en situación insostible.

2.Esixir tanto da Xunta como do goberno estatal unha lexislación tal que permita ós parados conxelar as cotas hipotecarias ata que volvan ser membros activos no mercado laboral. Tamén que se lles baixe os intereses de ditas hipotecas, que non fan mais que empobrecer o país e á clase traballadora.

3.Que namentres se busca lugar para un comedor social, se licita e se constrúe, se utilice calquera dos comedores escolares dos centros públicos para dar unha solución rápida a este gran problema, onde a proposta de horario podería ser entre as 12:30 da maña e as 14:00 horas en quenda de maña, podendo abrir unha nova quenda de noite entre as 19:00 horas e as 21:OO horas.

4.Destinar o 50% das retribucións os partidos e cargos públicos para poder facer fronte os gastos que ocasiona, sen renunciar a pedir axuda a estamentos provinciais, autonómicos e Estatais.

5.Aprobar unha dotación presupostaría anual para este tipo de actuacións, que será exposta publicamente.

6.Que o Concello aprobe a conxelación dos impostos munipais e axudar aquelas familias que non poidan facer fronte os gastos mensuais nas necesidades básicas, auga e luz, previa xustificación polos servizos sociais de Ponteareas.

Dende Esquerda Unida consideran que os traballadores están sendo enganados co actual sistema social, “facéndolles crer que poden vivir coma ricos a base de endeudarse con préstamos e hipotecas,e agora que chegan as vacas fracas se teñen que enfrontar ás consecuencias, como son os embargos, sen que importen as situacións de cada un”.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.