Os bombeiros de Ponteareas realizaron un total de 62 servizos no mes de febreiro

O Servizo de Extinción de Incendios de Ponteareas fixo público o balance mensual de actuación correspondente ao pasado mes de febreiro. Dos 62 servizos realizados ao longo de todo o mes, todos agás un, tiveron lugar no municipio ponteareán.
Ademais das actuacións habituais en apertura de vivendas que seguen a ser as que máis demanda seguen a ter, cun total de 23 en febreiro, o capítulo de Outros Servizos (20 actuacións), amosaron un repunte o día 27 de febreiro (11 intervencións) coincidindo co paso da tormenta Cynthia que, a pesar de ter pouca intensidade ao seu paso polo concello de Ponteareas, fixo necesaria a intervención dos servizos de bombeiros na retirada de árbores e distintos elementos que impedían a normal circulación polas estradas.
Do mesmo xeito, dun total de 5 actuacións que os bombeiros de Ponteareas realizaron en materia de inundacións, todas elas aconteceron nos catro días previos ao paso do Xynthia, datas nas que se rexistraron fortes choivas.
Os datos do balance mensual, péchanse cun total de 9 actuacións en incendios (7 urbanos e 2 forestais) e catro servizos para limpeza de estradas por mor de accidentes de circulación.
O concelleiro delegado de Seguridade Cidadá e Primeiro Tenente de Alcalde, Juan Carlos González Carrera, explicaba que, no referente ao temporal do derradeiro sábado de febreiro, “aínda que non foi precisa a súa actuación, esta Concellería mantivo durante toda a fin de semana, un retén de reforzo en previsión de que a tormenta Xynthia tivese, en Ponteareas, unha maior incidencia da que realmente tivo”. En todo caso, González Carrera que afirmou preferir “previr que lamentar”, destacou a rapidez con que foron solventadas todas as incidencias o que demostra “o alto grao de profesionalidade e preparación de todos os efectivos do servizo de Bombeiros de Ponteareas”.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.