Xornada de achegamento á figura de Fermín Bouza Brey
O luns 29 de marzo terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas unha xornada de achegamento á figura do escritor ponteareán, Fermín Bouza Brey. Este acto terá lugar a partir das oito do serán e constará de dúas partes. Na primeira, o arquiveiro municipal, Antonio José Groba fará unha introdución sobre o ano de nacemento de Fermín Bouza Brey, titulado:” Ponteareas, o berce ben querido”.
Na segunda parte desta xornada, Fermín Bouza Álvarez, fillo de Bouza Brey e catedrático de Socioloxía da Universidade Comnplutense de Madrid, pronunaciará unha conferencia titulada:” Lembranzas de Fermín Bouza Brey.”
Esta xornada ten como obxectivo homenaxear e difundir a obra e figura do insigne escritor ponteareán entre a poboación en xeral de Ponteareas, para por en valor e dar a coñecer os nosos escritores máis ilustres.
