Aberto o prazo de inscrición nos campamentos de verán que organiza a Deputación na Lanzada

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, quere poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que ata o vindeiro día 4 de maio, estará aberto o prazo para participar nos campamentos de verán que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra e que se desenvolven na Lanzada.
Neste campamentos poderán participar todos os nenos e nenas censados en Ponteareas e que naceran entre os anos 1997 e 2002.
As estadías serán de 6 días e as quendas comezarán a desenvolverse o día 24 de xuño para, de xeito ininterrompido, celebrarse ata o día 5 de setembro. O custe será de 68 euros por participante.
As persoas interesadas en solicitar máis información, poden facelo na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas instalacións da biblioteca pública municipal, no teléfono 986 66 07 65 ou no enderezo de correo electrónico omix@ponteareas.es

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.