A Deputación e o Imserso asinan un novo convenio para o programa de teleasistencia
A Deputación de Pontevedra reunida hoxe en Xunta de Goberno aprobou un ano máis un convenio de colaboración co IMSERSO (Instituto de Maiores e Servizos Sociais) para poñer en marcha o Programa de Teleasistencia Domiciliaria 2010. Este proxecto, destinado a ofrecer atención no domicilio 24 horas ó dÃa os 365 dÃas do ano a maiores, enfermos ou persoas con algún tipo de discapacidade, organÃzase cada ano dende 1999 gracias a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia (a través do IMSERSO) e a Deputación provincial de Pontevedra.
O programa de Teleasistencia Domiciliaria conta cun investimento total de 373.000 euros, dos cales a Deputación asumirá 130.000 euros; os 243.000 euros restantes corren a cargo do IMSERSO. En canto ó número de usuarios, para o 2010 proxéctanse unha cantidade similar á do ano 2009, preto de 1400 persoas.
Memoria Teleasistencia Domiciliaria 2009
Segundo o informe redactado pola entidade provincial, o pasado ano 2009 o programa asistiu a preto de 1.500 usuarios veciños da provincia de Pontevedra, o que supuxo a instalación de 1.471 terminais. O peche do programa a situación do servizo era dun 96,35% dos terminais en activo, fronte a un 3,65% en suspensión temporal. En canto ás alarmas recibidas o número total ascende a 21.781.
A participación dos concellos na referida anualidade bateu os Ãndices dos anos anteriores chegando a operar en 58 dos 62 municipios da provincia (todas agás Cangas, Soutomaior, A Lama e Arbo). Esta cifra supón a participación do 85% dos concellos.
Participación por concellos no ano 2009
O municipio que rexistra un maior número de usuarios, a razón do seu elevado número de habitantes, é Vigo cun total de 794; seguido de LalÃn con 61; VilagarcÃa con 54; MarÃn con 47; Tui con 39; A Estrada con 39 tamén; Silleda con 29; Pontevedra con 27; Mos con 26; O Porriño, A Golada e Baiona con cadanseus 23 usuarios; O Grove con 20; Tomiño, Vila de Cruces e Ponteareas con 18 beneficiarios cada un; Cerdedo con 17; As Neves con 16; Bueu, Redondela e Salceda de Caselas con 15 persoas asistidas, respectivamente; Cambados, Crecente e Cuntis con cadanseus 14 participantes; Portas con 13; Forcarei, Mondariz e Nigrán con 12 beneficiarios cada un; Caldas con 11; Moaña con 10; Vilaboa con 8; Barro, Cotobade e Salvaterra con 7, respectivamente; A Cañiza, Meis, Mondariz Balneario e Oia con 6 cada un; O Covelo, Moraña, Poio, Pontecesures e Ribadumia con cadanseus 5 participantes; Campo Lameiro, Catoira, Pazos de Borbén, Rodeiro, Valga e Vilanova con 4; Gondomar con 3; e, por último, A Guarda e O Rosal con un único usuario en cada un dos concellos.
Pola súa banda, os municipios de A Illa de Arousa, Fornelos de Montes, Dozón, Meaño e Pontecaldelas tamén están adheridos pero non rexistraron ningunha alta ó longo do ano 2009.
O programa de Teleasistencia Domiciliaria
A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo que, durante as 24 horas do dÃa e ó longo dos 365 dÃas do ano, a través da liña telefónica e cun equipamento informático situado no centro de atención e no domicilio do usuario, permite a maiores, enfermos ou persoas con algún tipo de discapacidade, entrar en contacto cos operadores do centro de atención mediante o simple mecanismo de pulsar un botón dun dispositivo (medallón ou pulseira). AsÃ, profesionais capacitados daranlle resposta á crise presentada ou mobilizarán recursos humanos ou materiais.
Son susceptibles de seren usuarios deste servizo as persoas que viven soas, que conviven con outra de máis de 65 anos, que padecen enfermidades, ou calquera persoa en situación de risco.
