Ponteareas contará con novos pasos de peóns elevados nos que se investirán máis de 20.000 euros

A Concellería de Tráfico, que dirixe o Tenente de Alcalde Juan Carlos González Carrera, vén de anunciar o investimento de 20.572 euros en obras de elevación de pasos de peóns en distintos puntos do casco urbano de Ponteareas.
As obras realízanse ao abeiro do programa de Mellora da Seguridade Vial que desenvolve a Concellería de Tráfico e que busca un dobre obxectivo: por unha banda garantir a seguridade dos peóns en zonas moi transitadas do casco urbano e, por outra, conseguir unha diminución real da velocidade á que, algúns conductores, circulan polas rúas ponteareás.
O concelleiro de Tráfico e Primeiro Tenente de Alcalde, afirmaba que estes pasos de peóns “amosáronse, naqueles lugares en que están operativos, como é o caso da Rúa Delio Rodríguez, rúa Bouza Brey e Canedo, como unha medida tremendamente eficaz, xa que salvagarda a seguridade dos peóns e obriga a unha reducción da velocidade dos vehículos”.
González Carrera puntualizou que os novos pasos de peóns elevados, serán colocados en puntos que reúnan dúas condicións, elevado tránsito de peóns e vehículos e nos que, por parte da Policía Local, alertouse da elevada velocidade á que circulan os mesmos.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.