VI Festival Escolas de Música no parque da Avisoureira en Guláns, Ponteareas

Como anos anteriores, é xa van 6, na terra musical de Guláns, non podía faltar un festival de música, esa música que dende nenos se aprende nesta parroquia, rara é a casa que non ten un músico. Guláns terra de músicos, e de grandes compositores, ahí esta D. Roxelio Groba entre outros. Catro son as agrupacións que van participar no festival que organiza aAsociación de Banda de música UNIÓN DE GULÁNS e a Asociación Cultural de Guláns:
Banda Infantil Agrupación musical do Rosal
Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos
Banda Musical Xuvenil de Moncao Portugal
Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns
A cita será no auditorio do centro cultural do parque da Avisoureira o domingo 23 de maio ás 17 horas.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.