Editoriais

Artigos de opiniĂłn de
Guillermo RodrĂguez, director de A Peneira
———————————————————————————————————————-
“Eppur si muove” (e sen embargo móvese)
AĂnda que non corren bos tempos para a lĂrica e tampouco para botar man das vellas fontes da sabedorĂa, nĂłs queremos deixar aquĂ constancia da nosa querencia por aqueles homes e mulleres (menos, Ă© verdade) que nos deron lecciĂłns de bo saber, de reflexionar sobre as cousas da vida, do mundo; das miserias mundanas e das glorias cientĂficas que aĂnda hoxe nos levan a suspirar “ oh tempus, oh mores” (con h ou sen ela, que tamĂ©n) tal como fixeran CicerĂłn e Tito Livio, referĂndose aos tempos que eles vivĂan . Hoxe si podemos dicir con maior Ă©nfase, que tempos aqueles, que costumes!
No eido da polĂtica parecera que as cousas non se teñen que mover, aĂnda que tal como lle pasou a Galileo, cando diante do tribunal da InquisiciĂłn tivo que desmentirse da sĂşa teorĂa heliocĂ©ntrica fronte a verdade da fe da Igrexa e as verdades da ciencia representadas por Ptolomeo e AristĂłteles.
AlguĂ©n chegado a este punto preguntarase, a onda quere ir parar este señor con estas explicaciĂłns de tempos pasados? Moi sinxelo. Galileo desmentĂa coa boca pequena as sĂşas teorĂas para non ser castigado polo tribunal da InquisiciĂłn, pero murmuraba entre dentes que “non obstante movĂase”, referido a que a Terra se movĂa arredor do Sol.
AquĂ e agora existen polĂticos ancorados nas vellas teorĂas (tanto cientĂficas coma de fe) que entenden non se move nada. Levan anos e anos amarrados a un cargo pĂşblico e sempre teñen desculpas para seguir aĂ, como se o mundo non se movera, pero “epur si muove” (sen embargo, mĂłvese).
En toda Galicia aĂnda temos alcaldes e deputados que subiron ao coche oficial alĂł polos anos setenta e tantos e seguen aĂ, como se tal cousa. Non seremos nĂłs quen pretenda que se vaian; iso teñen que facelo os veciños votantes, sen embargo si nos atrevemos a suxerir que dende os propios partidos e dende aquelas instancias sociais e polĂticas que teñen certo poder sobre estas persoas, lles indiquen unha retirada airosa antes que unha saĂda pola porta de atrás.
Non hai dĂşbida que existen mulleres e homes novos que xa teñen a mente pasada; sen embargo tamĂ©n Ă© certo que cando unha persoa leva moitos anos nun cargo as ideas non flĂşen co mesmo vigor e louzanĂa que cando se estrea cargo ou se ten menos idade.
Os votantes e os partidos teñen a tixola polo mango para facer esta renovación que nós humildemente propugnamos.
———————————————————————————————————————-
Non debĂa ser noticia
Ultimamente están ocorrendo cousas que aparecen nos medios de comunicaciĂłn como novas de portada cando non debera ser asĂ. Estamos acostumándonos a aceptar como unha novidade, un feito sorprendente, algo que nunha sociedade normalizada, avanzada e culta tiña que ser normal.
Sempre nos acordamos daquela xa tĂpica frase de que “unha noticia non Ă© que un can trabe a un xornalista (porque entra dentro do normal), a noticia serĂa que o xornalista lle trabara ao can. EntĂłn si, entĂłn si que se mobilizarĂa Roma con Santiago para evitar que o can collera a rabia, porque asĂ, con rabia, foi como lle mordeu ao xornalista que se crĂa ceibe de culpas.
Que Galicia ten, (en xeral, claro) uns Ăndices baixos cando de medir o seu nivel acadĂ©mico se trata, Ă© de todos coñecido que por esta circunstancia deberiamos ser esixentes, crĂticos e persistentes coas nosas autoridades acadĂ©micas para o tema docente, dende os tres anos ata despois da universidade. É xa unha frase manida que a mellor inversiĂłn que poida facer un goberno, de calquera paĂs, Ă© en educaciĂłn.
Sen embargo estamos asistindo a situaciĂłns que nos indican que camiñamos en sentido contrario. Nada máis comezar o Curso Escolar, as páxinas dos xornais tiveron, e aĂnda teñen, carnaza de abondo. Faltan prazas escolares; non funcionan os comedores, redĂşcense as becas, retĂrase a gratuidade dos libros de texto, etc., etc. A que xogamos? A seguir sendo os compoñentes do rabo inculto europeo?
En Ponteareas tivemos noticia de portada durante anos. A necesidade dun terceiro instituto para secundaria e bacharelato destapou as miserias que en dotaciĂłns escolares temos e seguimos tendo. Unha vila (camiño de ser cidade, como dixo tempos hai Pepe Castro, daquela alcalde), que xa superou os 20 mil habitantes, que nos Ăşltimos anos disparou a sĂşa construciĂłn ata cotas inimaxinables; que cubriu de cemento camiños e carreiros, non foi quen de dotarse de espazos, de terreos, que puideran servirlle no futuro, que xa era presente, para erguer novas instalaciĂłns docentes. Se a esta incapacidade, incompetencia ou o que vostedes queiran, lle engadimos a voracidade urbanĂstica especulativa xa nos dá o cĂłctel explosivo que vivimos nestes Ăşltimos meses. Un instituto construĂdo sobre uns terreos que están chamados a ser unha urbanizaciĂłn; uns terreos sobre os que os propietarios pretenden sacar tallada a cambio dun aumento de edificabilidade; unhas promesas de tanto que logo se volveu tanto menos, situaron a posta en marcha dun instituto construĂdo en arma polĂtica-social de primeira magnitude. Grazas a que os pais de alumnos se cansaron de ser correctos; mobilizáronse a tope, pecháronse no concello, encheron as rĂşas con pancartas, asistiron a plenos pedindo soluciĂłns…, os nenos e nenas que estaban esperando puideron por fin entrar no novo edificio.
Que pasaba, logo? Nada; unha parvada. ConstruĂron un edificio pero esquecĂ©ronse de dotalo dunha entrada. Fixeron unha casa pero non lle puxeron portas. O propietario, que non lle dan as contas do posible “pelotazo”, dixo que por enriba dos seus terreos non se entraba. Total, o que non fixera o sentido comĂşn polĂtico-burocrático tiveron que facelo os pais e nais acompañados polos seus pequenos.
Unha mágoa. A estes dánlle unha escola e en vez de movelo mundo provocan o caos.
—————————————————————————————————————————————————O
O Condado está en Europa?
Ao longo da campaña das últimas eleccións europeas asistimos a un cruce de improperios entre os candidatos dos dous grandes partidos que darian para un libro.
O PP e o PSOE dedicáronse a minarse a credibilidade, reciprocamente. Non era Europa e as súas institucións quen estaba en xogo; era os dous galos de pelexa que trataban de derribar ó contrario, ainda que fora moral e mentalmente.
Preto dun cuarto de século que nos dixeron que Europa xa non remataba nos Pirineos e nós, inxenuos que somos, crémolo.
No Condado o PP arrasou. Non Ă© ningunha novidade que os conservadores gañan por estas terras. Ă“ parecer somos uns novos burgueses con cartos que o temos que defender, conservar. Preguntado por que un mozo novo, ilustrado, fogueado nos aires revolucionados da Universidade, chegado a sĂşa maiorĂa de idade votaba conservador, a resposta foi moi sinxela: tiña que conservar a facenda familiar grazas a que estivera vivindo a corpo de rei durante anos e lle permitira ser revolucionario. Algo diso debe haber porque senĂłn non atopamos explicaciĂłn.
Ben, O Condado votou Europa e votou popular. Agora ben, ¿que significa Europa para os votantes do Condado? Alguén se molestou en falarlle de que maneira as institucións europeas afectan ao seu diario vivir? Pensamos que non.
O votante galego, nunha grande maiorĂa, non votou pensando en Europa. FĂxoo porque queria que o seu partido sacara o maior nĂşmero de votos posible. Nun caso para presentarse diante do seu electorado como trunfador sobre o inmediato contrincante; noutros casos, os menos, fixĂ©rono para que a sĂşa formaciĂłn polĂtica tamĂ©n chegara a Europa. Foi unha especie de guerra de imáxe entre opciĂłns polĂticas que nuns casos se resumia en comerllela moral Ăł contrario e noutros en non desparecer do mapa electoral europeo.
Efectivamente, Europa tamén está no Condado. Está nos nosos rios, nas nosas prantacións de viña, na producción do noso gando, na instalación de grandes áreas comerciais, no prezo do peixe que nos traian os peixeiros da ria, está nas normas de tráfico, no tipo de estudios que os nosos fillo ou netos realizarán nas futuras universidades que dirixe Bruxelas.
Os fondos europeos xestionados por (AGADER) que cambiaron tantas cousas por estas terras están a punto de rematar. En fin, Europa está aquĂ, pero que nos dixeron os polĂticos que por aquĂ andiveron?
Salvando raras excepción, nada. Os partidos que teñen capacidade de facer outra Europa de nada nos falaron da Europa que temos e da que imos ter no futuro.
Logo, por que votamos asĂ, as cegas, a unha opciĂłn polĂtica sen preguntarnos se Ă© a que mellor vai defender os nosos intereses e os dos nosos fillos?
AlgĂşns din que son misteiros da natureza humana; eu digo que os misterios hai que deixarllelos Ăłs curas; aquĂ o que hai Ă© moita ignorancia e moita dependencia polĂtica. De Europa chegounos a liberdade pero nĂłs, acostumbrados a dicir !si gwana! ¡si señor! seguimos votando sen pensar siquera nos nosos intereses.
Vivan as cadeas! que xas dixemos no seu dĂa.
—————————————————————————————————————————————————O
Condado/Paradanta está de noraboa
Moito se leva escrito sobre como artellar mellor a representaciĂłn polĂtica a nivel xeográfico. Hoxe temos varias demarcaciĂłns electorais para elixir os nosos representantes: ámbito municipal, provincial e estatal (no caso das elecciĂłns europeas). Non sempre foi asĂ. Noutros tempos os deputados que Ăan formar parte das Cortes Xerais do Estado eran elixidos en ámbitos comarcais, hoxe non. Hoxe podemos atoparnos con candidatos que nin viven nin coñecen a provincia que, en teorĂa, van representar; son os chamados cuneros.
SerĂa ideal que a representaciĂłn dos polĂticos se fixera por zonas, ou comarcas. Deste xeito cando tiveran que defender, no parlamento correspondente, cuestiĂłns de importancia farĂano con total coñecemento.
En paĂses do noso entorno existe a representaciĂłn por comarcas, tal vez un dĂa calquera os nosos lexisladores se decaten e cambien esa cuestiĂłn da lei electoral.
E mentres non chega ese dĂa benvindos/as sexan os polĂticos que teñen na comarca a sĂşa procedencia e foron aquĂ onde forxaron o seu capital polĂtico. A comarca do Condado/Paradanta pode sentirse orgullosa; nestes momentos podemos presumir de polĂticos/as de altura. Ben Ă© verdade que xa noutros tempos esta comarca tiña voz nas alturas (Senado) con CĂ©sar Mera, alcalde de A Cañiza; (Parlamento estatal) Pepe Castro, daquela alcalde de Ponteareas. Casualidades da vida; agora son dous polĂticos dos mesmos concellos quen toman o relevo: Luis Piña, concelleiro socialista da Cañiza, vaise Ăł Parlamento de Madrid, e Nava Castro, deputada nas Cortes Xerais e concelleira en Ponteareas (ademais de filla de Pepe Castro) deixa Madrid e volta a Galicia para facerse cargo da DirecciĂłn Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
Non hai dúbida que ámbolos dous teñen unha representación que excede da comarca do Condado/Paradanta, pero non é menos certo que seguro esta comarca vai contar moito no seu labor nos respectivos cargos. Asà o dixeron cando estaban en campaña, e asà o van demostrar agora que toca dar trigo.
A Peneira felicita a Luis Piña e Nava Castro ofrecĂ©ndose para servir de amplificador dos seus logros comarcais e galegos, asĂ como de facer un seguimento rigurosos dos seus modos e maneiras de facer polĂtica. Non podia ser doutro xeito; ámbolos dous coñecen a polar dete Xornal: procurar sempre que os feitos polĂticos sexan en beneficio da felicidade dos cidadáns, calquera que sexa a cor do polĂtico de turno.
—————————————————————————————————————————————————
Teñamos altura de miras
Ao longo da nosa vida vĂ©monos na obriga de tomar decisiĂłn tĂłdolos dĂas. Unhas veces son cousas de pecata minuta pero outras veces trátase de asuntos de suma importancia. Hai cousas que afectan ao diario vivir; outras teñen trascendencia a medio e longo prazo. Son, precisamente, estas Ăşltimas as que debemos tomar con máis cautela e reflexiĂłn, xa que do seu resultado dependen sempre intereses que trascenden a nosa propia vida e van máis alĂł do que nĂłs podemos abarcar neste pobre mundo.
No eido da polĂtica tamĂ©n se dan estas dĂşas maneiras de enfocar e resolver as cuestiĂłns que cada responsable polĂtico corresponden. Pode facer coma os paxaros de vĂło rasante e non mirar máis alĂł do dĂa a dĂa, ou, pola contra, poden ter altura de miras e traballar sobre unha programaciĂłn que transcende, tal vez o periodo do seu mandato, pero que está pensada para beneficiar Ăłs cidadáns agora e no futuro.
Nestes dĂas estase a producir o traspaso de poderes no goberno da Xunta. O bipartito entrega o mandato que os cidadáns lle concederan no 2004 Ăł partido gañador do pasado 1-M: o Partido Popular.
Moito se ten discutido sobre as causas polas que un equipo de goberno perde as eleccións aos tres anos e pico de facerse co poder. Non imos nós agora facer de oráculos délficos e dar unha resposta contundente. O que queremos expoñer ten que ver coa nosa formulación inicial; é dicir, con gobernar para agora ou para o futuro.
AquĂ, tal vez, no enfoque que o bipartito deu á sĂşa maneira de expor o uso do poder de goberno estea parte da razĂłn da perda do propio goberno da Xunta. Dicimos parte porque sempre hai máis condicionantes en cuestiĂłns deste calibre.
NĂłs entendemos que o bipartito fixo cousas ben feitas. Tal vez non soubo expoñelas Ăłs cidadáns e tamĂ©n, tal vez, despreciou a capacidade do seu adversario para descualificar o que facĂa e presentalo como algo que habĂa que destruĂr. Porque ninguĂ©n, cun mĂnimo de sentido da honestidade, pode negar que decidir a gratuidade dos libros de texto para aliviar ás familias; dotar Ăłs concellos das famosas galescolas, ou como agora queiran chamarlle, para que as parellas poidan traballar e ter os fillos atendidos; poñer en marcha o famoso banco de terras eliminando o abandono do campo e garantindo un aluguer Ăłs propietarios (aĂnda que a propaganda popular chegara á desfachatez de distribuĂr panfletos dicindo que a Xunta querĂa quedarse coas terras dos paisanos), ao tempo que fixaba poboaciĂłn nas nosas aldeas; construĂr centros de dĂa para que os maiores estiveran atendidos e non foran unha carga excesiva para os seus familiares; sacar a concurso a nosa riqueza eĂłlica de maneira que a propia Xunta, ou sexa, os poderes pĂşblicos galegos foran partĂcipes dos inmensos ingresos que iso vai producir; lexislar poñendo unha especial atenciĂłn en que os máis necesitados poidan dispoñer dunha vivenda a prezo razoable; etc., etc., todas estas cousas son proxectos que van máis alo do dĂa a dĂa. Están pensados para sentar as bases dunha nova sociedade máis xusta e máis equilibrada.
No Condado poden facerse, do mesmo xeito, polĂticas que sexan pan para hoxe e fame para o futuro. Os responsables polĂticos poden pensar sĂł na sĂşa reelecciĂłn cada catro anos ou en poñer en marcha polĂticas que ofrezan futuro para os cidadáns desta comarca. Poden asfaltar moitos camiños, colocar moitas farolas ou repartir migallas entre as entidades culturais ou deportivas. Pero tamĂ©n poden facer unha programaciĂłn a nivel comarcal que ofreza mellores transportes, unha planificaciĂłn urbanĂstica que estea ao alcance dos que menos ingresos teñen, cuidar o medio ambiente como fonte de ingresos a medio e longo prazo, potenciar os sectores produtivos que axuden a fixar poboaciĂłn nas aldeas para unha mellor vida sá e de cualidade, etc., etc.
Claro que isto poderĂa ir en contra de recuncar nas alcaldĂas como lle pasou Ăł bipartito. Pero os grandes homes son os que proxectan e realizan grandes obras de presente e sobre todo de futuro, aĂnda que vaia en contra dos seus intereses persoais. GustarĂanos que asĂ foran os alcaldes do Condado.
——————————————————————————————————————————————
O Condado/Paradanta despois do 1Âş de marzo
Estamos no dĂa despois. Sempre se dixo que en polĂtica non Ă© suficiente gañar , senĂłn convencer.
Quen gaña pero non convence pouco tempo lle vai durar a ganancia.
En Galicia celebráronse elecciĂłns Ăł Parlamento e o PP saĂu gañador; agora queda esperar para ver se son tan fáciles de resolver as deficiencias das que durante a campaña electoral acusou Ăł Bipartito.
Non hai dĂşbida de que Galicia presenta eivas importantes; estivemos e seguimos estando afastados dos despachos con moqueta de Madrid. Todo o conseguido, que non foi pouco, tivemos que sacarllo con forces. Foi Quintana o que se encargou das relaciĂłns entre a Xunta e o Goberno Central; foi Quintana quen trouxo para Galicia (pese á conxuntura) importantes cantidades de diñeiro para dependencia, para estradas, para ensino…, agora terá que facelo Núñez FeijĂł.
Nesta comarca que nos ocupa estaban en marcha varios proxectos de importancia: depuradora municipal, polĂgono industrial, saneamento, ensino, etc. É de esperar que os alcaldes da comarca, todos do PP., teñan a sensibilidade suficiente para non permitir que agora o seu partido deixe tirados estes serios proxectos; a comarca precisa poñerse as pilas se quere subirse Ăł tren da modernidade e competir co resto de comarcas veciñas que non se paran e cada vez se distancian máis de nĂłs.
Por outra banda, os dous partidos máis implantados aquĂ, BNG e PSOE, teñen a obriga de facer un serio seguimento de como se van desenvolvendo os acontecementos, porque non podemos permitirnos o luxo de paralizar investimentos tan importantes coma os que xa foran programados polo goberno bipartito.
Palabra sonora esta de “bipartito”. Foi un experimento en Galicia, coa posta en marcha do bipartito, que fixo grandes cousas e non soubo utilizalas como o seu capital polĂtico cando precisou pedir o voto para recuncar na Xunta.
Os populares de O Condado/Paradanta, asĂ como os socialistas e nacionalistas están obrigados a reclamar atenciĂłn para esta comarca, unha das máis atrasadas de Galicia, que vive pensando en Vigo cando podĂa facelo pensando en si mesma.
———————————————————————————————————————-

