Arquivos da categoría ‘Condado-Paradanta’

A DEPUTACIÓN inviste preto de 700.000 euros en 211 cursos destinados a 428 asociacións de mulleres e maiores

A Deputación de Pontevedra reunida hoxe en Xunta de Goberno aprobou a adxudicación definitiva dos programas sociais “Pensa en tiâ€, destinado a asociacións de mulleres, e “Ti tamén contasâ€, cuxos destinatarios son asociacións de maiores.  Seguir leendo… »

A concellería de vías e obras de Ponteareas recupera o lavadoiro e fonte de Celeiros

fuenteceleirosA Concellería de Vías e Obras que dirixe o Tenente de Alcalde, Juan Carlos González Carrera, vén de dar por rematados diversos traballos realizados na parroquia de Celeiros. As obras, que segundo González Carrera “viñan sendo solicitadas polos veciños e veciñas dende hai tempo†consistiron na recuperación dun lavadoiro e dunha fonte situados no lugar onde se desenvolve a tradicional Xuntanza Cabalar. Seguir leendo… »

V Campionato Galego de Trial Guláns 2010 no parque da Avisoureira, Guláns, Ponteareas

O próximo día 9 de maio vaise celebrar no Parque d’Avisoureira e nos montes limítrofes o V campionato TRIAL GULANS 2010, proba valedeira para o Campionato Galego. Seguir leendo… »

O grupo popular interésase polos acordos entre a Xunta e o concello de Ponteareas

O Grupo Popular no Parlamento de Galicia ven de presentar unha iniciativa encamiñada a coñecer se a Xunta de Galicia chegou a algún acordo co Concello de Ponteareas para colaborar na organización do III Congreso Internacional de Cidades Alfombristas. Seguir leendo… »

O BNG acusa a Solla de non ser capaz de “xustificar a perda do investimento da depuradora de Prado e o retraso da de Bugarín”

prado-con-gabrielO Pleno do pasado xoves, tratou por iniciativa do BNG, o incumprimento das obras de saneamento de Prado e Bugarín, realizadas en base a un proxecto europeo liderado pola Deputación Provincial coa participación do Concello de Ponteareas. “O Alcalde non foi capaz de xustificar como Ponteareas perdeu o investimento da depuradora de Prado e o retraso na utilización da de Bugarínâ€, declarou o Portavoz do BNG, Xosé Represas. Seguir leendo… »

O BNG de Ponteareas califica de “nefasta” a xestión do concelleiro de Cultura que comparecerá no pleno

O BNG de Ponteareas leva ao Pleno o “abandono de responsabilidades” por parte do concelleiro de cultura, Andrés Sampedro, que  terá que responder polo “destrago de cartos no auditorio Reveriano Soutullo, despreocupación polo patrimonio cultural e polo nosos referentes culturais, sen axudas para os colecivos culturais, a carencia dun proxecto cultural para Ponteareas ademáis do incumprimento do premio Fermín Bouza Brey”. Seguir leendo… »

O Club de Bádminton As Neves ascende a División de Honra do Bádminton Estatal

división-honra-badmintonO sábado día 20 de febreiro de 2010 o Club Bádminton As Neves disputou no pavillón municipal das Neves o partido de volta dos cuartos de final do play off polo título da Liga Nacional de Bádminton de Primeira División contra o Club Bádminton Benalmádena “Bâ€. Seguir leendo… »

O concelleiro de seguridade cidadá de Ponteareas satisfeito co interese con que Alfonso Rueda acolleu as peticións realizadas en materia de seguridade

coches-bombeirosO Concelleiro de Seguridade do concello de Ponteareas e primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, vén de amosar a súa satisfacción pola visita realizada o pasado venres a Ponteareas polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, quen, amais de visitar as obras realizadas no concello de Ponteareas, tamén visitou o Parque de Bombeiros de Ponteareas onde, por parte do concelleiro de Seguridade Cidadá, explicoulle o seu  funcionamento e as principais necesidades que agora ten dito servizo. Seguir leendo… »

A ANPA do Fermin Bouza Brey, en Ponteareas, abre un expediente ante o Valedor do Pobo polas ‘deficiencias’ do centro

A ANPA do colexio Fermín Bouza Brey asegura que o pasado 28 de decembro, nun pleno ordinario, o goberno do Concello de Ponteareas, formado polo PP máis UCPA, votou en contra dunha moción presentada por un partido da oposición. Nesta moción presentouse para o Parlamento de Galicia, dúas emendas aos orzamentos da Xunta, no que se refire a Educación en Ponteareas: Seguir leendo… »

A Casa Cultural Parada da Cañiza acollerá o día 23 a entrega dos agasallos de Nadal

A Asociación Parada da Cañiza e a Asociación Gran Vigo organizan o día 23 de decembro ás cinco da tarde unha entrega de agasallos de Nadal. O acto terá lugar no Teleclub de Ceirón situado na Casa Cultural de Parada na Cañiza e nel fará acto de presencia o propio Papá Noel. Seguir leendo… »