Arquivos da categoría ‘Ponteareas’
A Sociedade Gastronómica Cachelos preparará e degustará lamprea este sábado nas súas diferentes variedades
A Sociedade Gastronómica Cachelos despois da visita do 6 de marzo a á “estacada†nº 20 situada no Lg de Cordeiro no concello de Salvaterra de Miño, para comprobar “in situ†o procedemento tradicional da conca do Tea para a pesca da lamprea: as estacadas, procederá á preparación e degustación de lampreas nas súas diferentes variedades. Seguir leendo… »
O Concello de Ponteareas perseguirá o incumprimento da ordenanza de tenenza de animais
O goberno de Ponteareas iniciará con carácter inmediato unha campaña de sensibilización cuxo obxectivo é o cumprimento da normativa municipal en materia de tenenza de animais domésticos. Seguir leendo… »
65 aniversario de Antóm Arias no Centro Social O Fresco de Ponteareas
O Centro Social Autoxestinado O Fresco de Ponteareas acolle a proxección dunha curtametraxe con motivo do 65 aniversario de Antóm Arias que intervirá logo do visionado do vÃdeo. A cita será o 19 de marzo ás 19 horas.
Ademais o domingo 21 de marzo ás 19 horas proxectarase “Che, el argentino”.
O grupo vigués La Mafia actúa o xoves 18 no Pub Isabella de Ponteareas
O xoves 18 de marzo, a partir das 00:30h, no Pub Isabella de Ponteareas, actuará o grupo vigués La Mafia.
Esta formación musical conxuga á perfección maestrÃa e xuventude, cun repertorio co mellor do pop e do rock nacional e internacional dos 80 e dos 90, ademais dos seus temas propios.
O PSOE recrimina ao goberno municipal non ter convocado o Premio FermÃn Bouza Brey
Un ano máis o concello de Ponteareas deixa pasar o mes de marzo -mes no nacemento de FermÃn Bouza Brey- sen convocar o Premio de Investigación que leva o seu nome, “molestos porque os tribunais independentes do certame concederon os últimos premios a temas relacionadas coa Guerra Civil e a represión franquista en Ponteareas”, explica o PSOE de Ponteareas. Seguir leendo… »
Probas de promoción do Club Ciclista Expert-Aguas de Mondariz en Ponteareas
O Club Ciclista Expert-Aguas de Mondariz organiza promocións de ciclismo nas que participan ducias de cativos e mozos de toda a comarca. Esta actividade ten como obxectivo conseguir espertar o interese polo ciclismo. As probas realÃzanse os domingos na Praza Maior de Ponteareas e pode participar calquera neno ou nena con calquera tipo de bicicleta e que non estea federado. As carreiras fanse por categorÃas comprendidas entre os 8 e os 16 anos. A próxima proba será o domingo 11 de abril.
Cruz Vermella Ponteareas abre a inscrición para o campamento urbano de Semana Santa
O vindeiro 29 de Marzo dará comezo o xa tradicional Campamento Urbano de Semana Santa, baixo o tÃtulo “Viaxe pola Cruz vermellaâ€, que a Asemblea Local da Cruz vermella Mocidade en Ponteares organizou para máis de 30 nenos do municipio ponteareán. Seguir leendo… »
O centro Asprodico contará cun centro de dÃa para persoas con minusvalÃas fÃsicas ou psÃquicas
A concelleira delegada de Asprodico, Raquel Bautista Ãlvarez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Servizos Sociais, Juan Carlos González Carrera, visitaron onte as obras realizadas na planta baixa do Centro ASPRODICO, de cara a súa conversión nun Centro de DÃa para persoas con minusvalÃas fÃsicas ou psÃquicas cunha superficie aproximada de 500 metros cadrados. Seguir leendo… »
A Asociación Cultural de Guláns de Ponteareas celebra unha cea dedicada á Muller
A Asociación Cultural de Guláns celebra a Cea dedicada á Muller que terá lugar o vindeiro 20 de marzo no auditorio do Centro Cultural de Guláns. Seguir leendo… »
Fomento realiza obras de mellora no tramo urbano da N-120
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, ven de amosar a súa satisfacción polas obras que o Ministerio de Fomento, desenvolve na estrada Nacional 120 e que permitirán que este treito de estrada, de carácter case que urbano, poida contar coas condicións de seguridade esixibles a este tipo. Seguir leendo… »

