Etiquetas ‘alfombras florais’

O director xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, clausura o III Congreso Internacional de Arte Efémera

As dúas da tarde de hoxe, Francisco López Barxa, director xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, acompañado polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e mailo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, clausuraba as sesións de traballo do III Congreso de Arte Efémera que, dende onte, se desenvolvía en Ponteareas. Seguir leendo… »

Ponteareas e La Orotava (Tenerife) confeccionarán, de xeito conxunto, unha alfombra floral na Praza do Obradoiro

Cartel-Corpus-2010-webRepresentantes de rúas alfombreiras de Ponteareas e da vila tinerfeña de La Orotava, confeccionarán na noite do sábado 22 ao domingo 23 de maio, unha alfombra floral conxunta, na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, respondendo á invitación formulada pola Sociedade de Xestión do Xacobeo 2010. Dese xeito dúas vilas irmandadas dende hai máis de 25 anos e, sen dúbida algunha, as de máis sona do Estado en canto á confección de alfombras florais, amosarán a súa arte na capital galega. Seguir leendo… »

Ponteareas e La Orotava confeccionarán unha alfombra floral conxunta na Praza do Obradoiro

Na noite do vindeiro sábado, 22 de maio, Ponteareas e La Orotova realizarán, de xeito conxunto, unha alfombra floral na Praza do Obradoiro de Santiago, respondendo á invitación formulada pola Sociedade de Xestión do Xacobeo e como parte da intensa campaña de promoción da Festa do Corpus Christi que desenvolve o Concello de  Ponteareas neste ano que ostenta a categoría de Festa de Interese Turístico Internacional. Seguir leendo… »

O PSOE de Ponteareas ofrece colaboración institucional nas tarefas protocolarias do congreso de alfombristas

1psoeFrancisco Candeira Mosquera, como portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, dirixiuse ó alcalde de Ponteareas en relación coa celebración do Congreso Internacional de Arte Efímera para amosarlle o seu apoio na organización desta festa de Interese Turístico Internacional.
O texto do escrito dí literalmente: Seguir leendo… »

O grupo popular interésase polos acordos entre a Xunta e o concello de Ponteareas

O Grupo Popular no Parlamento de Galicia ven de presentar unha iniciativa encamiñada a coñecer se a Xunta de Galicia chegou a algún acordo co Concello de Ponteareas para colaborar na organización do III Congreso Internacional de Cidades Alfombristas. Seguir leendo… »

O Concello de Ponteareas presenta o día 21 de decembro o Calendario Galego de Ponteareas, ano 2010

cartel-calendario-defO día 21 de decembro, ás  20.30  horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, máis o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, farán a presentación do segundo Calendario Galego de Ponteareas, ano 2010. Seguir leendo… »

O concello de Ponteareas dedicaralle o Calendario do 2010 ao Corpus Christi

Tras a excelente acollida do Primeiro Calendario de Ponteareas tanto polos ponteareáns e ponteareás que residen en Ponteareas como por todos aqueles emigrantes que deixaron a vila, e para os cales este calendario significou unha lembranza día a día da súa terra natal, a Concellería de Cultura aposta por esta iniciativa e decide elaborar, a través do Servizo de Normalización Lingüística, o Calendario Galego de Ponteareas 2010, incrementando o número de exemplares para poder chegar a un maior número de fogares. Seguir leendo… »