Etiquetas ‘bolívar gonzález’

O alcalde de Ponteareas acusa ao concelleiro do BNG, Bolívar González, de mentir e confundir no tema dos parques públicos

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, saíu ao paso das declaracións do concelleiro nacionalista, Bolívar González, sobre o estado de deterioro que sofren os parques públicos. O concelleiro do BNG, afirmara que o Goberno Local, esquecera os parques públicos de Ponteareas e afirmaba que estes non son unha prioridade para o alcalde ponteareán. Seguir leendo… »

O BNG denuncia o abandono dos xardíns do Concello de Ponteareas

xardíns-do-concello1O concelleiro nacionalista, Bolívar González, ven de denunciar o abandono e deterioro dos xardíns do concello, “o abandono chega ás portas da alcaldía porque as prazas, xardíns e parques públicos non son unha prioridade para Solla”, afirmou Bolívar González. Seguir leendo… »

O BNG de Ponteareas pide explicacións á Xunta polo investimento no parque empresarial

O BNG de Ponteareas a través do seu concelleiro Bolívar González, saíu ao paso das declaracións do Alcalde Salvador G. Solla en relación coa visita de Feijoo do pasado sábado, “Solla en lugar de actuar como alcalde e buscar o mellor para Ponteareas, en lugar de esixir ao seu partido que se avance co parque empresarial, moléstalle que se pidan explicacións e se denuncie que o goberno de Feijoo o único que fixo foi paralizar actuacións en Ponteareas”, manifestou o concelleiro nacionalista. Seguir leendo… »

O BNG reta a Solla a explicar por qué os parados non van poder sacar unha das 42 prazas fixas no Concello

En resposta ás declaracións do alcalde, Salvador G. Solla, o concelleiro do BNG Bolívar González manifestou, “Solla, en lugar de criticar ao BNG o que ten que facer é explicarlle aos milleiros de parados que ten Ponteareas, porqué non teñen posibilidades de sacar unha das 42 prazas fixas que acaba de convocar para traballar no Concello” Seguir leendo… »

O BNG acusa a Castro e Solla de paralizar o funcionamento do Concello coa súa división e enfrontamento

Ante as informacións relativas ao nomeamento de José Castro como pregoeiro das Festas do Corpus que indican que dito nomeamento foi acordado na Xunta de Goberno cos votos dos concelleiros da UCPA e a oposición dos do PP, o BNG de Ponteareas, a traves do seu concelleiro Bolívar González, lamentou que o PP “contamine” coas súa liortas internas a festividade do Corpus. Seguir leendo… »

O BNG anuncia a negativa do PP na Xunta a desafectar as vivendas dos mestres e a casa escola de San Lourenzo de Oliveira

A Consellaría de Eduación da Xunta de Galicia acaba de denegar a solicitude, aprobada por unanimidade polo Pleno do Concello de Ponteareas, de desafectación da vivenda de mestres da antiga escola de San Lourenzo de Oliveira e de oito vivendas de mestres do Centro Nosa Sra. dos Remedios. “Outra nova decisión do PP na Xunta contraria aos intereses de Ponteareas”, declarou Bolívar González, concelleiro do BNG. Seguir leendo… »

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.