Etiquetas ‘catastro’

Nace en Xinzo, Ponteareas, a primeira asociación de Coutadas

DSCF0199O sábado  10 de xullo ás 22,30 horas no Centro Cultural de Xinzo farase a presentación oficial da 1ª Asociación de coutadas de Galicia.
Nesta asemblea serán ratificados os máis de oitenta socios fundadores, así como tamén se darán de alta a todos aqueles propietarios que desexen formar parte desta nova agrupación. Seguir leendo… »

Os inmobles afectados polo Parque Empresarial Val do Tea serán inmobles rústicos ata a aprobación do Plan Sectorial

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, reuniuse ao mediodía de hoxe coas Asociacións de Veciños de Cristiñade e Guláns e a Asociación de Afectados polo Parque Empresarial Val do Tea, para darlles conta das xestións realizadas pola alcaldía perante a Xerencia Territorial do Catastro, de cara a esta reconsiderase a valoración catastral dos terreos afectados. Ditas xestións foron realizadas polo alcalde ponteareán, a petición dos anteditos colectivos. Seguir leendo… »

O BNG leva ao Congreso a revisión Catastral de Ponteareas

A Deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández, presentou unha iniciativa parlamentaria na Cámara para preguntarlle ao Goberno pola revisión dos valores catastrais de Ponteareas. Seguir leendo… »

A Oficina de Información do Catastro de Ponteareas ampliará os días de atención ata o vindeiro 23 de decembro

A Oficina de Información do Catastro, que atende a veciños e veciñas de Ponteareas no Salón de Plenos do Concello, e que o venres 18 de decembro, tiña que rematar coa súa función, ampliará o prazo de atención ao público ata o vindeiro mércores, 23 de decembro. O horario de funcionamento será de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas o luns, 21 e martes 22 de decembro e de 09:00 horas a 14:00 horas o mércores 23 de decembro. Seguir leendo… »

O BNG de Ponteareas reúnese cos veciños para botar abaixo a revisión catastral

O Portavoz  Municipal do BNG en Ponteareas, Xosé Represas, informou das iniciativas dos nacionalistas para anular a revisión catastral. Despois da solicitude dun pleno extraordinairo, agora inician unha rolda de reunións con todos os veciños para dar a coñecer as decisións tomadas polo Alcalde e o PP que deron lugar a “escandalosa suba da contribución(IBI)”. Nas reunións divulgarán as distintas accións que se poden realizar para botar abaixo a revisión catastral e parar “este abuso”. Seguir leendo… »

Ata o día 18 de decembro funcionará na casa do concello de Ponteareas unha Oficina de Información Catastral

Ata o vindeiro día 18 de decembro, veciños e veciñas de Ponteareas poderán solicitar información ou mesmo presentar alegacións sobre revisión dos valores Catastrais de Urbana, na Oficina de Información, que quedou instalada no Salón de Plenos da Casa do Concello e que funciona en horario de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas. Os veciños e veciñas que desexen solicitar información ou realizar calquera trámite nesta oficina deberán coller número no mostrador de Información, situado nos baixos da Casa do Concello. Seguir leendo… »

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.