Etiquetas ‘comunicacións’

A Deputación de Pontevedra adxudica o plan que dará acceso a internet en toda a provincia

internet-deputacion7A Deputación adxudicou hoxe a Iberbanda-Telefónica a extensión das  redes sen fíos do seu proxecto Repoblar (Rede Pontevedra Banda Larga Rural) que, a partir do vindeiro 1 de xullo, dará cobertura, antes de rematar o ano, ó 96% da poboación dos 55 concellos adheridos ó plan.
Trátase do servizo de acceso a internet máis barato de España, segundo indica a Deputación. Seguir leendo… »

Carta ao director: Telefónica abusos contra o galego

A última vez que chamei a telefónica dixeronme que solo me podían por cun operador que falaba en castelán ou en catalán, dinlle ao nº 2 e puxéronme cun catalán, él falando catalán e eu galego. Seguir leendo… »

Rematadas as obras viarias en Queimadelos, Mondariz

fotos-estradas-511A Entidade Local Menor de Queimadelos, que dirixe o nacionalista  Manuel Portas, ven de dar por rematadas as obras de execución de ancheado, explanación e mellora de máis de 2.000 mts de viais na parroquia. Seguir leendo… »

Cores Tourís garantiza o concello das Neves a execución da variante

cores-tourís--nas-nevesO delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprometeuse nunha reunión co alcalde de As Neves e varios responsables municipais deste concello, á realización da variante desta localidade. Seguir leendo… »

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.