Etiquetas ‘cultura’

65 aniversario de Antóm Arias no Centro Social O Fresco de Ponteareas

charla-antomO Centro Social Autoxestinado O Fresco de Ponteareas acolle a proxección dunha curtametraxe con motivo do 65 aniversario de Antóm Arias que intervirá logo do visionado do vídeo. A cita será o 19 de marzo ás 19 horas.
Ademais o domingo 21 de marzo ás 19 horas proxectarase “Che, el argentino”.

O PSOE recrimina ao goberno municipal non ter convocado o Premio Fermín Bouza Brey

fermin-bouza-brey4Un ano máis o concello de Ponteareas deixa pasar o mes de marzo  -mes no nacemento de Fermín  Bouza Brey- sen convocar o Premio de Investigación que leva o seu nome, “molestos porque os tribunais  independentes do certame concederon os últimos premios a temas relacionadas coa Guerra Civil e a represión franquista en Ponteareas”, explica o PSOE de Ponteareas. Seguir leendo… »

A Asociación Bagaña da Remelisca convoca aos seus socios á asemblea anual que se celebrará no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas

O vindeiro mércores día 24 a Asociación Bagaña da Remelisca celebra a súa asemblea anunal a partires das 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda. A reunión será no centro Artístico Sportivo de Ponteareas onde se tratarán as altas e baixas, a memoria anual de actividades, o informe económico e o plan de traballo 2010, entre outros puntos da orde do día.

Xornada de achegamento á figura de Fermín Bouza Brey

O luns 29 de marzo terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas unha xornada de achegamento á figura do escritor ponteareán, Fermín Bouza Brey. Este acto  terá lugar a partir das oito do serán e constará de dúas partes. Na primeira, o arquiveiro municipal, Antonio José Groba fará unha introdución sobre o ano de nacemento de Fermín Bouza Brey, titulado:†Ponteareas, o berce ben queridoâ€. Seguir leendo… »

Rogelio Groba ofrecerá un concerto solidario na Coruña en beneficio de ASPANAES

O día 22 de Marzo, ás 20:00h. no Palacio da Ópera, terá lugar o Concerto Solidario a favor de ASPANAES a cargo da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña, baixo a batuta do Director Rogelio Groba o Acto será presidido polo Sr. Alcalde da Coruña, Javier Losada de Azpiazu. Seguir leendo… »

Animación á lectura na biblioteca de Salvaterra de Miño

O xoves día 18 de marzo vaise celebrar unha actividade de animación a lectura na biblioteca de Salvaterra de Miño, co animador Contos de Pablísimo, dirixida para nenos/as de 4 a 9 anos, se queres participar apúntate na biblioteca (somente hai 40 prazas), horario 18.:00 a 19:00. Esta actividade de animación á lectura está patrocinada polo Concello de Salvaterra de Miño e pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Consellería de Cultura e Deporte.

O sábado Ponteareas vivirá unha xornada de recordo aos Héroes da Guerra da Independencia do Condado e Paradanta

O Concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, e o presidente da “Asociación Provincial Héroes de la Guerra de la Independencia 1809 Pontevedraâ€, Tino Viéitez, presentaron os actos que a asociación desenvolverá en Ponteareas de cara a “manter viva a memoria do pasado xa que sen ela, non teremos respecto no futuroâ€. Seguir leendo… »

Preto de 100 agrupacións das comarcas de Condado e Paradanta participan no plan cultural da deputación no que se invisten 600.000 euros

A Deputación de Pontevedra reunida onte en Xunta de Goberno aprobou favorablemente a lista de grupos acollidos ó seu Plan Cultural 2010. Nesta ocasión, foron  98 agrupacións das comarcas de O Condado (85 agrupacións participantes) e a Paradanta (13 grupos) as que poderán desfrutar dunha achega económica coa que a entidade provincial busca impulsar e fomentar a cultura popular nas súas múltiples a variadas expresións artísticas. Seguir leendo… »

As Asociacións pola Recuperación da Memoria Histórica en Galiza denuncian a falta de apoio da Xunta

As Asociacións pola Recuperación da Memoria Histórica en Galiza adiantan a negativa da Xunta de Galiza de seguir apoiando as tarefas referentes á recuperación da Memoria Histórica, anulando a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009. Por este motivo acordan denunciar a redución da partida orzamentaria do Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugaresâ€, que tan importante labor estaba a levar adiante, reclamando que se continúe conservando o 100% da súa financiación. Seguir leendo… »

Cruz Vermella Ponteareas imparte clases de español

A Asemblea Local da Cruz vermella Ponteareas continúa co proxecto “Clases de Español para Estranxeirosâ€. As clases de español impártense, como en anteriores ocasións, todos os venres de 16:30h a 18:30h na aula do Centro Multiusos. Seguir leendo… »

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Reportaxe
  • A sella e o selleiro
Publicidade