Etiquetas ‘ecoloxía’

A Mesa de Contratación procede á adxudicación provisional das obras de mellora da Depuradora de Ponteareas

A Mesa de Contratación do Concello de Ponteareas vén de adxudicar provisionalmente, as obras de Mellora no Pretratamento, Proxecto Biolóxido e Calidade de Auga Tratada na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Seguir leendo… »

Manifesto do Coto de Eira

PancartaEstamos aquí reunid@s na Serra do Monte Maior, ao pé do Coto de Eira para falar sobre o pasado e o futuro, eses dous camiños do tempo que se cruzan neste mesmo intre. Seguir leendo… »

A FEG discrepa do diagnóstico do Conselleiro do Medio Rural sobre o bo estado do Patrimonio Natural galego

A Federación Ecoloxista Galega analiza o estado do patrimonio natural galego.
“Nestes 12 meses a bagaxe achegada polo Director Xeral de Conservación da Natureza, máis preocupado na repoboación de piñeiros no Courel que na súa declaración coma Parque Natural, é moi pobre. A súa actitude reflicte cal é o seu criterio no fomento da nosa biodiversidade: ningún. Seguir leendo… »

A Asemblea do Suído organiza marchas pola Serra do Suído

Este domingo 18 de abril, o club de montañeiros de Galicia “Pena Trevinca” volveu visitar a Serra do Suído coa asociación ecoloxista que dende 1996 desenvolve as súas actividades na zona “Asemblea do Suído”. O luns 19 de abril serán @s alumn@s e
profesor@s do IES do Barral (Ponteareas) quen visiten a serra. No percorrido visitarons chozos, un foxo do lobo, sesteiros, curralas, mámoas, turbeiras…, e ollaron parte da fauna e vexetación que fan do Suído un dos mellores espazos naturais e etnográficos de media montaña de Galicia. Seguir leendo… »

Nova visita dos escolares do colexio “Amor de Deus” de Vigo ao Río Tea

Visita-colexio-Amor-de-DeusNa mañá do xoves 8 de abril, un novo grupo de alumnos e alumnas do colexio Amor de Deus de Vigo, visitaron o Río Tea, dentro das actividades da semana da ciencia. As actividades que se fixeron durante a semana da ciencia ían dirixidas a coñecer a Biodiversidade, no ano no que se conmemora esta circunstancia, con actividades nas montañas de Ourense, na costa, con visitas de estudosos dos ecosistemas galegos, dos cetáceos, … Seguir leendo… »

Unha canteira no Coto de Eira ameaza a ampliación da Rede Natura 2000

NdP_Coto_de_Eira-1_Página_2A empresa Minor Galicia, S.L. proxecta unha explotación mineira no Coto de Eira, no lugar de Prado de Arriba (P.I. Cloe 3007.1), na serra do Monte Maior, nos nacentes do río Alén (LIC Río Tea, ES1140006) e nas inmediacións do Suído. O proxecto afecta a varios hábitats considerados de interese europeo ou prioritarios (é dicir, en perigo de desaparición e de estrita protección), aos hábitats Seguir leendo… »

A Comunidade de Montes de Ponteareas celebra o Día da Árbore na Picaraña

O vindeiro sábado pola tarde a Comunidade de Montes de Ponteareas subirá ás Chans da Picaraña para commemorar o Día da Árbore.
Este ano non van plantar árbores senón que adicarán a xornada a coidar os máis de 500 carballos, castiñeiros, capudres, ameixeiras, cerdeiras e demais que xa están prendidos. “Temos que podar, entutorar, repasar bridas, limpar, …e como non, gozar dunha tarde no monte que nunca ven mal. Como comuneiros quedades emprazados para vernos alí sobre as 16:30. Podedes invitar a tod@s <mailto:tod@s> @s que queirades. Se vos animades a vir, traede tixeira de podar e… bocadillo”.

O alcalde de Ponteareas expresa á plataforma Defendendo o Tea o seu compromiso a prol da defensa do río e do seu entorno

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, expresou onte á Plataforma Defendendo o Tea no decurso da reunión mantida na Casa do Concello, o seu compromiso decidido “a prol da defensa do río Tea e do seu entorno, tanto como lugar para o ocio e goce das veciñas e veciños, como por supoñer un elemento do patrimonio natural de primeira magnitude”. Seguir leendo… »

A parroquia de Arcos coa colaboración da A.C. A Casa da Triga celebra o domingo 7 na Picaraña o Día da Árbore

A Comunidade de Montes Veciñais da parroquia de Arcos, en Ponteareas, celebra o vindeiro domingo 7 de marzo o Día da Árbore no monte da Picaraña. O acto conta coa colaboración da A.C. A Casa da Triga encargada da organización das actividades de tempo libre para os cativos/as que acudan a este acto. Seguir leendo… »

O 1º Foro-Mesa Redonda sobre a situación actual e o futuro dos montes e do sector forestal galego captou a atención en xinzo

foro-mesaO sábado 27 de febreiro celebrouse no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas) o 1º Foro-Mesa Redonda sobre a “Situación actual e perspectivas de futuro das comunidades de montes e do sector forestal galego”. Seguir leendo… »