Etiquetas ‘economía’
O BNG esíxelle o reinicio das obras de urbanización do Porto Seco na parte non afectada pola sentencia
Os representantes do BNG na comarca compareceron en roda de prensa para presentar as inicitivas presentadas no Parlamento Galego e nos concello de Salvaterra e As Neves, co obxecto de conseguir compromisos firmes no impulso do desenvolvemento da construción da Plataforma Loxística Industrial coñecida como o Porto Seco. Seguir leendo… »
O BNG insta ao goberno de Salvaterra a regular a ocupación da vía pública para a colocación de terrazas e quioscos
O grupo municipal do BNG de Salvaterra reclama ao goberno local do Partido Popular que elabore a Ordenanza Fiscal de Taxas por Aproveitamento do Dominio Público para regular a ocupación da vía pública. Segundo o portavoz nacionalista, Gabriel Martínez, é preciso que exista este regulamento para que todos os veciños e veciñas poidan optar a instalar os seus postos “en igualdade de condicións”. Seguir leendo… »
A Deputación de Pontevedra anticipa aos trece concellos que presentaron solicitudes á Caixa de Anticipos, 1,8 millóns de euros para financiar operacións de tesourería
A Deputación de Pontevedra concedeu 1,8 millóns de euros a 13 concellos da provincia para financiar inversións e operacións de Tesourería (gasto corrente, luz, etc.). As axudas foron concedidas a través da Caixa de Anticipos, por concurrencia competitiva, e teñen un prazo de amortización de 15 anos a interés cero. Seguir leendo… »
O BNG de Arbo acusa ao goberno local de aplicar unha ‘política clientelar’
O BNG de Arbo acusa ao PP local de executar unha política “clientelar e caciquil” para poder perpetuarse no poder.
Segundo os nacionalistas o goberno do PP no concello de Arbo xerou un déficit de tesourería de preto de 1,3 millóns de euros (gastou máis do que ingresou) nos anos 2006, 2007 e 2008 por valor de 257.000, 550.000 e 454.000 euros respectivamente. Seguir leendo… »
O BNG de Ponteareas denuncia a ‘incapacidade do PP’ para xestionar o concello que leva dous anos sen orzamentos
O portavoz municipal do BNG en Ponteareas, Xosé Represas, denunciou a situación de “descontrol económico do Concello, a propia concelleira de Facenda, Raquel Bautista, recoñeceu na Comisión de Contas a existencia de numerosas facturas de anos atrasados sen contabilizar, descoñecendo tamén o importe desta débeda que non figura nas contas”, informou o portavoz nacionalista”. Seguir leendo… »
A Xunta de Goberno do 8 de marzo en Ponteareas aprobou Expedientes de Contratación por importe superior aos 691.000 euros
A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas, na súa sesión do 8 de marzo, aprobou os Expedientes de Contratación e Licitación de diversas obras cun importe superior aos 691.000 euros. Seguir leendo… »
A suba da contribución será debatida de novo no Pleno de Ponteareas para tratar as reclamacións veciñais
O Portavoz Municipal do BNG en Ponteareas, Xosé Represas, informou que a Corporación Municipal volverá a tratar a suba da contribución como consecuencia da revisión dos valores catastrais promovida polo goberno municipal do Partido Popular. Nesta ocasión debatiranse as alegacións a modificación da Ordenanza reguladora do Imposto. Seguir leendo… »
O BNG de Mondariz reclama a comparecencia do alcalde para explicar un suposto fraude de case 6000 € en combustible no concello
O BNG de Mondariz reclamará a comparecencia urxente do Alcalde para dar explicacións sobre as “irregularidades detectadas na compra de combustible para o concello, durante cando menos, os últimos catro anos, e para dar explicacións de por qué, un operario municipal con antecedentes de outro fraude telefónico acontecido no 2007, carece de calquera tipo de seguimento durante todo este tempo por parte do responsable de persoal do concello, nomeadamente o alcalde e o equipo de goberno do PP”. Seguir leendo… »
Candeira felicita a Antón Louro polos investimentos do Estado en Ponteareas
O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Francisco Candeira, valorou hoxe moi positivamente a visita que, no día de onte, realizaba o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro ao municipio ponteareán para coñecer, sobre o terreo, o desenvolvemento das obras que se están a executar ao abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) do 2009. Seguir leendo… »
Os traballadores de Taguive piden diante da casa do xerente que lle paguen os salarios atrasados
Arredor de trinta traballadores concentrábanse ata as seis da tarde de hoxe mércores día 30 de decembro diante da casa do xerente da empresa madereira TAGUIVE, en Vilasobroso, Mondariz. Con bombos, pitos e pancartas os traballadores esixen que a empresa lles pague o salario correspondente á metade de novembro e o mes de decembro pero, se cadra, o que máis molesta a estes traballadores é que o equipo xestor de Taguive non lles anunciara que a empresa ía pasar a un proceso concursal. Seguir leendo… »
