Etiquetas ‘entroido’
O PSOE de Ponteareas tilda de ‘lamentable’ o programa de entroido do 2010
Dende o Grupo Municipal Socialista denuncian o “abandono” das festas do domingo de Entroido por parte do Goberno municipal. “A ambientación na rúa era inexistente, os premios cativos que para nada estimulaban a participación, e o palco era para enmarcar: pequeno vello e con aspecto destartalado, todo un sÃmbolo do pouco coidado e interese que pon o goberno municipal nas manifestacións culturais populares das que son protagonistas os veciños e veciñas de Ponteareas”. Seguir leendo… »
A Casa da Triga e MZS poñen en marcha un programa de actividades con motivo do Entroido 2010
O Presidente da A.C. A Casa da Triga, Manrique Fernández, o Vicepresidente Samuel Romero e o Secretario da Asociación Xuvenil MZS, Alex Fernández, presentaron hoxe en rolda de prensa, no local social A Casa da Triga, a programación que as dúas entidades poñen en marcha con motivo do Entroido 2010. (Acompáñase cartaz-programa). Seguir leendo… »
A parroquia de Leirado, en Salvaterra, recupera o entroido
A parroquia de Leirado, no concello de Salvaterra, celebrará o vindeiro domingo 14 a partir das 16.00h o seu desfile de entroido.
A A.C. Leitarello coa colaboración do Concello de Salvaterra organiza, despois de 6 anos, a volta do Entroido a Leirado conseguindo a participción de 7 carrozas e 4 comparsas que destacan pola súa orixinalidade e posta en escena. Hai que destacar que unha das carrozas participa un veciño de 90 anos.
Entroido en Salvaterra de Miño
Un ano mais o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación de Entroido. Unha programación dirixida a todo o público que busca sobre todo a participación de todos os veciños e veciñas, dende os máis pequenos aos máis grandes, con obradoiros e Festival Infantil para os mais cativos. Ademáis destas actividades tamen teremos o ´sabado 13 Baile de entroido na Casa de Cultura e o sábado 29 poremos punto e final a programación co enterro da lamprea.
Para mais información dirixirxe a www.concellodesalvaterra.org ou ao teléfono 986 658 082
Programa entroido Salvaterra
VENRES, 12 DE FEBREIRO
A partires das 11 horas desfile de entroido dos centros educativos de Salvaterra, dende o mercado ata a praza do concello. Seguir leendo… »
