Etiquetas ‘festas’
Entroido en Salvaterra de Miño
Un ano mais o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación de Entroido. Unha programación dirixida a todo o público que busca sobre todo a participación de todos os veciños e veciñas, dende os máis pequenos aos máis grandes, con obradoiros e Festival Infantil para os mais cativos. Ademáis destas actividades tamen teremos o ´sabado 13 Baile de entroido na Casa de Cultura e o sábado 29 poremos punto e final a programación co enterro da lamprea.
Para mais información dirixirxe a www.concellodesalvaterra.org ou ao teléfono 986 658 082
A asociación cultural Barca de Loimil de Arbo organiza o tradicional serán
O sábado 30 de xaneiro a asociación cultural “BARCA DE LOIMIL” de ARBO convida a todo o mundo ao serán que van facer ao carón do cuartel da Garda Civil en Arbo. Das 21h ás 22h terán o cursiño de baile rápido para todas as persoas que queiran participar. Logo , sobre as 22h30 terán a cea que como tódolos anos será a base de chourizos con castañas e orella. Despois todo o mundo a bailar, a cantar e a tocar o que queira. Para recuperar forzas sobre as 02h darán a todo o mundo un rico chocolate quente con rosca. Ah! e todo isto de balde.
A asociación cultural A Casa da Triga convoca a colectivos sociais para recuperar a romarÃa da Picaraña
A Asociación Cultural A Casa da Triga ven de convocar ás asociacións de veciños e comunidades de montes de Arcos, San Lourenzo de Oliveira e Ponteareas e Canedo coa intención de constituÃr unha comisión organizadora da romarÃa da Picaraña que se celebra o 1º de maio. Seguir leendo… »
O CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas celebra o SamaÃn
Os alumnos do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas celebraron o venres dÃa 30 de outubro a festa das cabazas, o SamaÃn, logo de estar toda a semana realizando actividades relacionadas con esta festa.
Algúns alumnos e mestres viñeron disfrazados, decoraron os corredores e as aulas con cabazas feitas polos cativos e algúns nenos e nenas de 6º de primaria fixeron unha representación do vÃdeo “Thriller” de Michael Jackson.
Pasaron unha xornada escalofriantemente divertida.
O concelleiro socialista en Crecente, Rocha Tirso, reclama a devolución do parque aos veciños de Albeos
Con motivo das obras que o concello quere realizar na arboreda da festa ao carón da igrexa, “cortar unha fileira de árbores, derrubar o palco e facer un muro de 1,5 m. de alto para separar o parque das árbores do recinto de baile”, o concelleiro socialista José Luis Rocha Tirso lembra que hai cinco anos, o 24 de maio de 2004, o concello supostamente inscribÃu no Rexistro da Propiedade de Ponteareas a nome do concello este citado parque. Seguir leendo… »
Programa de Festas de San Miguel, en Ponteareas
Esta fin de semana, Ponteareas vivirá as súas festas patronais na honra de San Miguel Arcanxo. Co gallo desta festividade, a ConcellerÃa de Cultura de Ponteareas que dirixe Andrés Sampedro Fernández, vén de artellar un amplo programa de actividades que comezarán este vindeiro sábado, 26 de setembro, para rematar o martes 29, festividade de San Miguel e Festivo Local na vila do tea.
Sábado 26 de setembro. Seguir leendo… »
Programa de festas de Ponteareas para esta fin de semana
O Concelleiro de Cultura e Festas do Iltmo. Concello de Ponteareas, Andrés Sanpedro Fernández, quere facerlle chegar aos medios de comunicación o programa de actos que o vindeiro fin de semana vanse celebrar nesta localidade con motivo da celebración das Festas de Setembro. Seguir leendo… »
Programa de festas de setembro en Ponteareas
Luns 7 de Setembro
Ãs 21.30 h. Na Praza Maior, Verbena co Grupo Jocker. Seguir leendo… »

