Etiquetas ‘gastronomía’

IX Festa dos Callos de Fiolledo, Salvaterra

festa-dos-callosA parroquia de Fiolledo, en Salvaterra, celebrará o vindeiro domingo 27 de xuño a IX Festa dos Callos que organiza a comisión coa colaboración do concello de Salvaterra.
Dentro da programación da festa está previsto o I Festival CallosRock o venres 25 de xuño. Ademais este mesmo día haberá verbena a partir das 22:30 horas coa actuación de Xoan Vidal de Fiolledo, Skandalo GZ de Ponteareas, Dsskartes-Band de Ponteareas e Caghadospolabareixa de Taboexa. Seguir leendo… »

O vindeiro sábado 22 de maio a Sociedade Gastronómica Cachelos celebra un novo xantar

Nesta ocasión o menú consistirá en Bacallao á Brasa, Pulpo á Feira e Xurelos Asados ao mollo canteiro, acompañado como non podía ser doutro xeito por Cachelos e Ensalada de Dente de León, de postre elaborarán Roscóns nun forno artesanal. Seguir leendo… »

Novas xornadas gastronómicas no Punto&Textura de Ponteareas

O restaurante Punto&Textura organiza as xornadas gastronómicas da Ameixa e a Vieira cun menú a base de mazá con oruxo de sidra a modo de aperitivo, fideos con ameixas de entrante, arroz con vieiras e rape como segundo prato e filloas para rematar o menú. Todo isto acompañado do albariño Eidosela. O prezo do menú será de 18 euros. As reservas faránse nos teléfonos:   986 660 068  /  691 019 198

Augas de Mondariz premiada con tres estrelas á calidade polo ITQI de Bruxelas

Chef-Sommeliers-iTQiO Instituto Internacional de Sabor e Calidade (International Taste & Quality Institute, iTQi) de Bruxelas distinguiu a Augas de Mondariz como unha das mellores augas do mundo ao outorgarlle Premios ao Sabor Superior (Superior Taste Award) tanto á súa auga mineral sen gas como á auga mineral con gas. Seguir leendo… »

50 ANIVERSARIO DA FESTA DA LAMPREA por Rafaél Gutiérrez Araújo

Esta fin de semana a Festa da Lamprea de Arbo cumpre a súa edición número 50, son anos abondo como para que a celebración do 2010 teña unhas características que sobranceen sobre as dos anteriores. Seguir leendo… »

A Casa da Triga organiza unhas xornadas científicas, culturais e gastronómicas sobre a lamprea

Cartel-xornadas-lampreaA Asociación Cultural A Casa da Triga ven de organizar unhas xornadas nas que se analizará a importancia da lamprea desde o ponto de vista científico, cultural e gastronómico. Seguir leendo… »

A Sociedade Gastronómica Cachelos preparará e degustará lamprea este sábado nas súas diferentes variedades

lampreaA Sociedade Gastronómica Cachelos despois da visita do 6 de marzo a á “estacada” nº 20 situada no Lg de Cordeiro no concello de Salvaterra de Miño, para comprobar “in situ” o procedemento tradicional da conca do Tea para a pesca da lamprea: as estacadas, procederá á preparación e degustación de lampreas nas súas diferentes variedades. Seguir leendo… »

Festa do Mexillòn en Cabreira, Salvaterra

festa-mexillón

A Sociedade Gastronómica Cachelos realizou unha visita gastrocultural a unha estacada no Río Tea

cachelos-estacadaA Sociedade Gastronómica Cachelos realizou o pasado sábado 6 de marzo a súa primeira visita de carácter “gastocultural”, achegándose á “estacada” nº 20 situada no Lg de Cordeiro no concello de Salvaterra de Miño, para comprobar “in situ” o procedemento tradicional da conca do Tea para a pesca da lamprea: as estacadas. Seguir leendo… »

A Sociedade Gastronómica Cachelos organiza a súa primeira visita de carácter cultural

A Sociedade Gastronómica Cachelos realizará o vindeiro sábado 27 de febreiro a súa primeira visita de carácter cultural, achegándose á unha “estacada” situada no concello de Salvaterra de Miño, para comprobar “in situ” o procedemento tradicional da conca do Tea para a pesca da lamprea: as estacadas. Seguir leendo… »