Etiquetas ‘orzamentos’

O BNG de Ponteareas denuncia a ‘incapacidade do PP’ para xestionar o concello que leva dous anos sen orzamentos

O portavoz municipal do BNG en Ponteareas, Xosé Represas, denunciou a situación de “descontrol económico do Concello, a propia concelleira de Facenda, Raquel Bautista, recoñeceu na Comisión de Contas a existencia de numerosas facturas de anos atrasados sen contabilizar, descoñecendo tamén o importe desta débeda que non figura nas contasâ€, informou o portavoz nacionalista”. Seguir leendo… »

O Goberno de Ponteareas destinou máis de 4.200.000 euros á construción e mellora de infraestruturas culturais

casa-cultura-San-MateoO Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, fixo balance das actuacións que, en materia de dotación e mellora de infraestruturas culturais, desenvolveu o o Goberno Local de cara a que, “todos as veciñas e veciños, teñan acceso a este tipo de instalacións independentemente do seu lugar de residenciaâ€. Seguir leendo… »

A Xunta de Goberno do 8 de marzo en Ponteareas aprobou Expedientes de Contratación por importe superior aos 691.000 euros

A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas, na súa sesión do 8 de marzo, aprobou os Expedientes de Contratación e Licitación de diversas obras cun importe superior aos 691.000 euros. Seguir leendo… »

A Deputación concede 191.000 euros para obras dunha pista de padel, do campo de fútbol de San Mateo e de melloras eléctricas nos colexios públicos e na rede de Ponteareas

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na súa xunta de goberno catro subvencións ó Concello de Ponteareas por un importe total de 190.797 euros. As axudas aprobadas corresponden ó Plan de Investimentos que, cunha cuantía de 70 millóns de euros, a Deputación ven concedendo ós distintos concellos da provincia co criterio de reparto de poboación e territorio. Seguir leendo… »

Solla pide a Represas que deixe de ‘enganar aos veciños cunha suposta anulación de investimentos para os que nunca existíu dotación orzamentaria’

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, saíu ao paso das declaracións formuladas onte polo portavoz do BNG no concello de Ponteareas, Xosé Represas, nas que afirmaba que a localidade “perdía 6 millóns de euros pola anulación dos compromisos adquiridos polo anterior Goberno da Xunta con Ponteareasâ€. Seguir leendo… »

A Deputación investirá nos concellos da provincia 230 millóns de euros ata a fin da lexislatura

O vicepresidente económico da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa, adiantou hoxe as cifras dos orzamentos provinciais para o vindeiro ano 2010, uns orzamentos condicionados pola crise e o recorte das axudas do estado, dixo, «que, no que a nós respecta, manterán intacto o gasto en materia social, cultural e deportiva, reducirán o gasto corrente e significarán, por riba de todo, un investimento produtivo». Seguir leendo… »

O PSOE de Crecente pide que as unidades médicas móbiles poidan instalarse a carón do centro de saúde

Xosé Luís Rocha Tirso do grupo municipal socialista de Crecente pregúntalle ao alcalde ¿por que cando veñen a Crecente as unidade médicas móbiles non as instalan ao carón do centro de saúde ou do auditorio para que as persoas poidan agardar nun sitio abrigado?. Seguir leendo… »

O BNG dí que a Xunta incumpre os seus compromisos con Ponteareas

O BNG de Ponteareas, a través do seu Portavoz Municipal, Xosé Represas, lamentou a “ausencia total de investimentos da Xunta en Ponteareas para o ano 2010 e o incumprimento dos compromisos que o anterior goberno bipartito tiña formalizados coa nosa localidadeâ€. Seguir leendo… »

Valcárcel define os presupostos da Xunta como ‘reais e fundamentais’

valcárcel“Estamos ante uns presupostos realistas que son o fiel reflexo da situación que está a vivir Galicia nestes intres para combater a crise†afirmou Marta Valcárcel deputada autonómica polas comarcas de O Condado, A Paradanta e Baixo Miño respecto aos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2010. Seguir leendo… »

O BNG de Arbo oponse á subida de taxas no concello

“A pretensión do Partido Popular arbense, apoiada polos independentes, de subir diversas taxas e impostos locais, así como de crear unha nova taxa”, non tivo o apoio no BNG no último pleno celebrado en Arbo.
As razóns dos nacionalistas teñen que ver coa situación económica que atravesa a economía global, que tamén repercute nos veciños de Arbo. Seguir leendo… »