Etiquetas ‘relixión’

Romería das Pascuillas na honra da Virxe da Franqueira o vindeiro 24 de maio na Cañiza

A-FRANQUEIRA.-HERNÁNDEZ..O 24 de maio, o concello da Cañiza celebra unha das romarías máis antigas de toda Galicia: a romaría da Virxe da Franqueira. Ao longo do ano celébranse 2 romarías na súa honra, coincidindo coas estacións de primavera e de verán e que pola súa antigüidade e relevancia social foron declaradas pola Xunta de Galicia, Festas de Interese Turístico da Comunidade Autónoma. Seguir leendo… »

Festa do cerco de San Sebastián na Franqueira, A Cañiza

cerco-san-sebastiánO vindeiro sábado, 23 de xaneiro, terá lugar o festexo da festa de San Antón e San Sebastián na parroquia da Franqueira,en Cañiza, que é a procesión máis longa da Paradanta. Seguir leendo… »

A nova campá da igrexa parroquial das Neves chega envolta en festa

Comision

O vindeiro día 4 de decembro, coincidindo coa festividade de Santa Bárbara, o pobo das Neves inaugurará a nova campá que colgará no máis alto da igrexa parroquial e que substituirá á actual, a piques de racharse e que a partir dese mesmo día descansará uns metros máis abaixo pero exclusivamente para ser admirada. Non soportará máis golpes de badalo. Seguir leendo… »

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.