Etiquetas ‘samaín’

O CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas celebra o Samaín

samain-señora-dos-remediosOs alumnos do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas celebraron o venres día 30 de outubro a festa das cabazas, o Samaín, logo de estar toda a semana realizando actividades relacionadas con esta festa.
Algúns alumnos e mestres viñeron disfrazados, decoraron os corredores e as aulas con cabazas feitas polos cativos e algúns nenos e nenas de 6º de primaria fixeron unha representación do vídeo “Thriller” de Michael Jackson.
Pasaron unha xornada escalofriantemente divertida.

A Escola Municipal de Música de Mondariz organiza a Festa do Samaín

A Escola Municipal de Música de Mondariz celebrou o día 24 de outubro no auditorio do Hotel Balneario de Mondariz o 1º festival Coral de outubro no que participaron a Coral da Escola, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, o Orfeón de Moaña e a Coral “Cidade de Vigo” da ONCE. Seguir leendo… »

Leer en PDF
  • A Peneira do Condado-Paradanta
Publicidade
.