Etiquetas ‘tradicións’

Romería das Pascuillas na honra da Virxe da Franqueira o vindeiro 24 de maio na Cañiza

A-FRANQUEIRA.-HERNÁNDEZ..O 24 de maio, o concello da Cañiza celebra unha das romarías máis antigas de toda Galicia: a romaría da Virxe da Franqueira. Ao longo do ano celébranse 2 romarías na súa honra, coincidindo coas estacións de primavera e de verán e que pola súa antigüidade e relevancia social foron declaradas pola Xunta de Galicia, Festas de Interese Turístico da Comunidade Autónoma. Seguir leendo… »

Entroido en Salvaterra de Miño

ProgramaciónUn ano mais o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación de Entroido. Unha programación dirixida a todo o público que busca sobre todo a participación de todos os veciños e veciñas, dende os máis pequenos aos máis grandes, con obradoiros e Festival Infantil para os mais cativos. Ademáis destas actividades tamen teremos o ´sabado 13 Baile de entroido na Casa de Cultura e o sábado 29 poremos punto e final a programación co enterro da lamprea.
Para mais información dirixirxe a www.concellodesalvaterra.org ou ao teléfono 986 658 082

Festa do cerco de San Sebastián na Franqueira, A Cañiza

cerco-san-sebastiánO vindeiro sábado, 23 de xaneiro, terá lugar o festexo da festa de San Antón e San Sebastián na parroquia da Franqueira,en Cañiza, que é a procesión máis longa da Paradanta. Seguir leendo… »