Etiquetas ‘xinzo’

Nace en Xinzo, Ponteareas, a primeira asociación de Coutadas

DSCF0199O sábado  10 de xullo ás 22,30 horas no Centro Cultural de Xinzo farase a presentación oficial da 1ª Asociación de coutadas de Galicia.
Nesta asemblea serán ratificados os máis de oitenta socios fundadores, así como tamén se darán de alta a todos aqueles propietarios que desexen formar parte desta nova agrupación. Seguir leendo… »

Comezan as obras do proxecto de mellora do abastecemento de auga para Xinzo, Arnoso, Areas en Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, anunciou o inicio das obras do Proxecto de mellora do abastecemento ás parroquias de Xinzo, Arnoso, Areas e Ribadetea, obras incluídas polo concello ponteareán dentro das actuacións a realizar ao abeiro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local e que contarán, para a súa execución, cun orzamento de 199.967,71 euros. Seguir leendo… »

O alcalde de Ponteareas reuníuse o xoves cos colectivos veciñais de Xinzo, Arnoso e Areas para supervisar as obras de saneamento

reunión-saneamentoO alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e o responsable de Augas de Galicia da Demarcación de Galicia Sur, Francisco Alonso, reuníronse na mañá do xoves, no Salón de Plenos da Casa do Concello, cos colectivos veciñais de Xinzo, Arnoso e Areas, para darlles a coñecer o estado actual da cuarta fase do saneamento as súas parroquias a piques de rematar. Seguir leendo… »

O campo de tiro de Xinzo acolle o Campionato Provincial de tiro ‘Compak Sporting’

O vindeiro domingo 11 de abril, a partires das 9:00 horas, celebrarase no campo de tiro “Eido Dalbo†da parroquia de Xinzo a XI edición do Campionato Provincial de Tiro ao Prato na especialidade “Compak Sportingâ€, baixo a organización da federación Galega de Caza de Pontevedra, coa colaboración do clube de tiro “Eido Dalbo†de Xinzo e do concello de Ponteareas. Seguir leendo… »

O alcalde de Ponteareas presenta aos colectivos veciñais, o borrador do proxecto da quinta fase do saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas

xinzo-004O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, reuniuse cos colectivos veciñais de Xinzo, Arnoso e Areas, para darlles a coñecer o borrador proxecto da quinta e última fase do saneamento das súas parroquias. No decurso da reunión, o alcalde ponteareán entregoulles aos representantes dos veciños, copias dese borrador para o seu estudo e valoración. Seguir leendo… »

González Solla cualifica de “oportunismo político†o anuncio do desbloqueo das obras de canalización do saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, cualificou de “exercizo de oportunismo político†o anuncio realizado polo deputado socialista, Luis Piña, sobre o desbloqueo das obras de saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas na zona de dominio público da N-120, dependente do Ministerio de Fomento. Seguir leendo… »

A Marchas das Rosquillas de Ponteareas xuntou máis de 200 kg de comida para o comedor vigués de La Esperanza

marcha-das-rosquillas2010Un ano máis temos que dar as grazas aos máis de 1000 ciclistas que participaron na VII Marcha das Rosquillas, e gozaron do chocolate e das rosquillas antes da saída, e despois de 35 km de ruta polos montes de Xinzo, xuntáronse máis de 850 persoas para gozar da comida a base de carne ao caldeiro, chuletas á prancha e cachelos. Tamén os acompañantes dos ciclistas fixeron unha ruta polos montes de Ponteareas, eran máis de 150 participantes dos que moitos eran nenos. O ADC Picaraña xuntou máis de 200 kg de comida para o comedor social “La esperanza” de Vigo, coas doazóns dos socios e dos participantes da marcha.
Para maior información: www.adcpicarana.com

Esta fin de semana cita coa Marcha das Rosquillas

marcha_das_rosquillas_2010

O día 31 de Xaneiro as 9:30 da mañá terá lugar a saída da VII Marcha das Rosquillas 2010, sairán dende o pavillón municipal de Ponteareas, pero antes para quentar motores terán o chocolate quente e as famosas rosquillas de Ponteareas. O percorrido é de 35 km polos montes de Xinzo cunha dificultade media-alta, aínda que nas baixadas haberá alternativas para non ter que baixar polas trialeiras. Seguir leendo… »