Salceda acolle a segunda mostra da Camelia esta fin de semana

A vindeira fin de semana vaise celebrar en Salceda a segunda mostra-exposición da camelia, que ven a sustituir ao antigo concurso que se facía sobre esta mesma flor. A mostra inaugurarase o sábado 20 ás 13 horas, e permanecerá aberta ao público o sábado 20 de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 20:00, nas instalacións do Auditorio Municipal. A mostra ten máis de 30 expositores confirmados, polo que a variedade está garantida. Seguir leendo… »

O BNG esíxelle a Santos que dea explicacións sobre as xestións realizadas en contra dos traslados de La Levantina

O Grupo Municipal do BNG do Porriño, a través dun comunicado, denuncia que, a día de hoxe, o novo goberno local “non realizou xestión algunha” para apoiar aos traballadores e traballadoras da empresa de transformación do granito La Levantina (antes Graninter) logo de saber que algúns deles poderían ser trasladados a Levante. Seguir leendo… »

Entrevista a Raúl Francés: “Nelson Santos quere ser Barros”

 Raúl Francés, ex-alcalde de O Porriño. Vén  de sufrir unha moción de censura. Quixemos coñecer o seu estado de ánimo. Atopámolo tranquilo e seguro de voltar ao poder nas próximas eleccións municipais. Publicamos aquí a conversa completa mantida con el na nosa redacción.

Guillermo Rodríguez/Foto: Hernández  

-Que sensación che quedou do teu paso pola Alcaldía do Porriño?

-Experiencia moi grata; aprendín moito e síntome moi honrado de ter sido seis anos e medio alcalde do Porriño.

 -Cales son os recursos que ten un concello como o do Porriño?

-Ten moitos recursos; o que pasa é que nós atopámonos cunha situación económica que non se correspondía co nivel de ingresos do Concello. Tivemos que sanear as contas o máximo posible e aínda así executamos moitas obras e melloramos a facenda local. Dentro da lei de facendas do Estado, os concellos son a cenicienta da administración, sobreviven ou sobrevivimos como podemos porque o Estado, dentro do seu reparto da tarta de financiamento, así como a tarta competencial permítenos ampliar moita tarta no que é ter cartos para exercer as competencias, non é así. Desde logo os concellos están afogados totalmente e iso o están dicindo, neste momento, concellos de todas as cores políticas. O Estado sempre foi moi goloso e sempre quixo quedar coa maior parte dos cartos. Parece que o Estado só é a Administración Central pero Estado son os concellos, os gobernos autonómicos, a Xunta e o Goberno Central. Por iso hai que repartir os cartos. Seguir leendo… »

O PSOE de Mos lamenta que 130.000 euros do Plan E se destinen a “gastos supérfluos”

:: Os socialistas mosenses solicitaron que estes cartos foran investidos na creación dunha gardería infantil na antiga Escola Unitaria de Louredo ::

O PSdeG-PSOE de Mos critica que parte do 20% dos cartos do Plan E, destinados a servizos sociais e educación, se “despilfarren” en gastos supérfluos. O grupo socialista mostrou o seu acordo a que parte dos 314.000 € (20%) se destinaran o mantenemento de Colexios, a conciliar vida laboral e familiar (programa Madruga, comedores escolares, escolas de verán) ou a programas de apoio a discapacitados. Sen embargo, din  non entender que “uns cartos que veñen de forma puntual co fin de paliar a crise, e sobor de todo no momento en que os ingresos nas arcas municipais se reducen, se usen 130.000 € para facer excursións a neve, para ceas, comidas, clases de risoterapia, danza do vientre, balnearios, tai-chit, surf, graffittis, tiro o arco ou cosmética natural”. Seguir leendo… »

O BNG lamenta que a festa da presentación do Xacobeo en Mos fora un acto “vacío de contido e investimentos”

Os nacionalistas mosenses consideran que o acto de presentación do Xacobeo en Mos  celebrado o pasado sábado foi un evento “vacío de contido”. Ademais consideran que a programación para todo o ano 2010 está carente de investimentos. “O BNG lamenta que non haxa proxectos para o Xacobeo nin a construción dun albergue que estamos pedindo,  nin o adecentamento de varios tramos do Camiño de Santiago”, sinalan. Seguir leendo… »

O Concello do Porriño colaborará co CTAG na creación dun centro de excelencia en electrónica para vehículos intelixentes

O Goberno local do Porriño recibiu esta mañá no Concello ao director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Luis Moreno, acompañado de técnicos do centro, así como de Pedro Doñate, da empresa Xestur e do arquitecto César Portela. O alcalde, Nelson Santos, e os tenentes de alcalde Manuel Carrera, Marcelino Coto e José Manuel Jacobo escoitaron as inquietudes e proxeccións desta entidade, creada para ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas ao sector do automóbil, que a día de hoxe céntranse na execución dun proxecto sectorial para o que o Concello xa lle ofreceu a súa colaboración, brindandolle “toda a axilidade e flexibilidade posible”, aseguraba o alcalde. Seguir leendo… »

A concellería de Educación mosense achega o mundo máxico dos títeres aos colexios do municipio

A concellería de Educación mosense, que dirixe a edil Julia Loureiro, organiza estes días no centro Multiusos das Pozas representacións da obra de títeres, Titiricircus, representada pola compañía de teatro Tanxarina, para os alumnos dos colexios do municipio. Seguir leendo… »

Comezan as obras do depósito de augas de Salceda

 

A empresa CRC Obras y Servicios vén de comezar coa acta de replanteo a obra “Mellora do Abastecemento de Augas a Salceda dende O Porriño” por un importe de 1.604.164 € Seguir leendo… »

O Concello do Porriño planta castiñeiros e carballos en Os Cabreiros, na parroquia de Chenlo

Máis de 30 escolares do CPI de Ribeira (Torneiros) participaron esta mañá na plantación duns 70 castiñeiross e carballos para conmemorar o Día Mundial Forestal, que se celebrará o vindeiro domingo, día 21 de marzo, coa entrada da primavera. Membros do Goberno local e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, quixeron acompañar a estes estudantes de 5º curso de Educación Primaria, acompañados da súa directora e profesores, para promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal na nosa Comunidade. Seguir leendo… »

O PSOE pide ao goberno local que non marxine ao Polígono de As Gándaras

:: O Secretario de Economía da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE do Porriño, Carlos Díaz Casales e o Voceiro Municipal socialista, Iván Vaqueiro pediron un compromiso de inversión do goberno local e da nova Xunta de Galicia para executar un plan de mellora integral do polígono ::

O portavoz socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, valorou hoxe positivamente que se melloren o mantemento do polígono empresarial de A Granxa, anunciado recentemente polo goberno local, pero esixiu o mesmo tratamento para o Polígono de As Gándaras, e conminou ó goberno local a non marxinar ó polígono de As Gándaras, que pola súa antigüedade, necesita tamén moita atención. Seguir leendo… »