ACEESCA instala un posto de venda dos seus produtos no Porriño

:: Instalarán un posto mostrador para expoñer e comercializar os seus produtos os días de mercado na zona peonil do Porriño ::
ACEESCA é unha asociación sen ánimo de lucro instalada na parroquia de Torneiros. Declarada de utilidade pública, dedícase á atención e promoción integral de persoas con discapacidade intelectual, traballando, moi especialmente, pola inclusión socio-laboral das súas usuarias e usuarios.
No posto instalado por ACEESCA os días de mercado na zona peonil do centro urbano, pódense mercar diferentes artigos de bixutería, cerámica, madeira ou coiro elaborados nos obradoiros realizados polo alumnado da asociación. Os propios alumnos e alumnas de ACEESCA son os encargados, coa debida supervisión do persoal profesional da asociación, da venda dos produtos expostos.
O concelleiro de Comercio, Marcos Rodríguez Novás, afirmou que “Estamos encantados de colaborar con ACEESCA facilitando a instalación deste posto, grazas ao cal o alumnado da asociación realiza unha actividade orientada á inclusión social, ao encargarse da atención ao público e da venda de artigos”
